Actualidade
Buscador de novas
Ángeles Vázquez pon en valor o Ceida como referente no eido da educación ambiental tras desenvolver preto de 1.500 actividades o pasado ano
Salienta o traballo que desenvolve a entidade coa organización dunha ampla oferta de actuacións de dinamización, sensibilización, divulgación, formación e comunicación, así como de educación ambiental e asesoramento e documentación
A Xunta pon en marcha a rede local polo clima para consolidar Galicia como unha comunidade resiliente tras reducir as súas emisións nun 60% desde 1990
Ángeles Vázquez explica que esta iniciativa ten como obxectivo coordinar cos concellos as actuacións para aproveitar sinerxías na loita contra o quecemento global e promover políticas locais de sustentabilidade ambiental
A Xunta rexistra case 4.800 solicitudes de axudas para mercar bicicletas eléctricas e de pedaleo asistido
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, fixo balance destas subvencións do programa EBici que xa supuxeron a reserva de fondos por máis de 2,3 millóns de euros e a mobilización de máis de 4,7 millóns
A Xunta realiza labores de conservación e mantemento no rego de bravos ao seu paso polo Concello de Viveiro
As tarefas céntranse nun treito de preto de 2,5 quilómetros e inclúen a roza puntual de arbustos e a retirada de árbores e biomasa na canle para evitar atoamentos
Rueda anuncia que a Xunta remite ao Parlamento o proxecto de Lei de recursos naturais para a súa aprobación
O Consello retoma nesta nova lexislatura a tramitación da lexislación que permitirá para reter en Galicia o beneficio ambiental económico e social dos proxectos que impliquen a produción de enerxía renovable e as concesións de augas e minaría
A Xunta realiza labores de conservación e mantemento no perímetro do encoro da Baxe, nos concellos de Caldas de Reis, Cuntis e Moraña
As tarefas céntranse nas rozas de vexetación en camiños do perímetro do encoro e de faixas de xestión de biomasa
A Xunta realiza labores de conservación e mantemento no río Tinto, ao seu paso polo Concello de Teo
As tarefas céntranse nun treito de algo máis de 6 quilómetros e inclúen a roza puntual e selectiva de arbustos e a retirada de árbores e biomasa na canle para evitar atoamentos
A Xunta e o Clúster de Solucións Ambientais Viratec analizan vías de colaboración no eido da innovación e a divulgación na loita contra o cambio climático
O Executivo galego e a entidade coinciden na necesidade de coordinar a posta en coñecemento das solucións ambientais, servizos tecnolóxicos ou medidas a prol da economía circular dispoñibles en Galicia