Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 297 novas da área temática Formación:

26/09/2023 | 14:55 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta clausura o obradoiro dual de emprego compartido por Chantada e Carballedo, ao que destinou 534.000 euros

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou no peche do taller, que proporcionou formación e un contrato de traballo a 20 persoas desempregadas durante 12 meses

25/09/2023 | 14:42 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A delegada da Xunta clausura o obradoiro Rehabilita Salceda e confirma un novo curso para centros formativos e cívicos cun investimento de 531.000 euros

A delegada territorial de Xunta en Vigo, Ana Ortiz, destacou o compromiso do Goberno galego por incrementar as oportunidades e a estabilidade laboral das persoas sen emprego a través de obradoiros duais

25/09/2023 | 12:11 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta convoca 18 cursos de formación continua para persoal da Policía Local con máis de 500 prazas e de 300 horas lectivas no último trimestre do ano

O programa formativo impartirase na Academia Galega de Seguridade Pública, con especial atención aos contidos sociais

23/09/2023 | 17:17 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
23/09/2023 | 15:20 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta amplía ata o 3 de novembro o prazo para solicitar as axudas de impulso á formación de curta duración dirixida a persoas traballadoras

O DOG publicará a vindeira semana a ampliación do prazo para que microempresas, pequenas empresas, entidades do terceiro sector da acción social e profesionais autónomos poidan pedir estes apoios para formar a persoas ocupadas por conta allea

21/09/2023 | 15:28 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A delegada da Xunta anima ao alumnado do obradoiro MAIV Dual a aproveitar a oferta formativa e laboral

A delegada territorial de Xunta en Vigo destaca o compromiso do Goberno galego por incrementar as oportunidades e a estabilidade laboral das persoas sen emprego a través de obradoiros duais

21/09/2023 | 12:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Agasp impartiu durante o primeiro semestre 329 cursos coa participación de máis de 11.400 integrantes dos corpos e forzas de seguridade e dos servizos de emerxencias

O director xeral de Emerxencias e Interior detallou hoxe no Parlamento de Galicia que 181 actividades corresponden á área de seguridade pública e 148 na de emerxencias, con máis de 6.400 e máis de 5.000 participantes respectivamente

13/09/2023 | 12:05 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor a aplicación socioeconómica do coñecemento xurdido na universidade na entrega de premios do Programa Icarus 2023 da USC

A directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, participou esta mañá no acto que se celebrou en Compostela

12/09/2023 | 14:52 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta duplica o número de cursos, seminarios e prazas na oferta formativa 2023/2024 do centro de novas tecnoloxías de Galicia

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, presidiu o acto de presentación deste programa de formación que supón case cuadriplicar o orzamento destinado o ano pasado a este cometido