Actualidade
Buscador de novas
A Xunta apoia o sector forestal galego na súa demanda de fomentar a transformación e o peche dos ciclos industriais na nosa comunidade
Nesta xornada, as principais asociacións sectoriais asinaron unha declaración conxunta urxindo o apoio público decidido “a calquera iniciativa industrial que se proxecte en Galicia encamiñada ao peche dos ciclos industriais ligados á madeira"
A Xunta promove as agrupacións forestais de xestión conxunta como ferramenta para poñer en valor o monte e optimizar o aproveitamento dos seus recursos
O director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan, reuniuse esta tarde con veciños e membros da comunidade de montes veciñais Mouriscados no concello de Mondariz, para poñer de relevo este tipo de figuras, incluídas na Lei de recuperación da terra agraria
A Xunta realiza traballos preventivos en Culleredo, no Distrito Forestal II Bergantiños-Mariñas Coruñesas, coa mellora de máis de 20 quilómetros de pistas
As actuacións consistiron no arranxo do firme das pistas que dan acceso ao monte, o acondicionamento da rede de drenaxe das mesmas, o repaso dos cortalumes e a roza da maleza que hai nas pistas
A Xunta completa traballos preventivos en 27 hectáreas do distrito forestal XVI Deza-Tabeirós, en Cerdedo-Cotobade e Forcarei, para facilitar a defensa contra os incendios forestais
As actuacións consistiron na mellora de devasas, roza mecanizada da plataforma de pistas forestais, roza das faixas auxiliares de pistas e mellora de pistas forestais en montes destes concellos pontevedreses
A Xunta define a nave de Medio Rural en Botos, no concello de Lalín, como unha instalación estratéxica para a prevención e extinción de incendios forestais
O conselleiro salientou que se atopan nunha localización estratéxica, xunto á entrada da autopista e a autovía autonómica de conexión con Ourense e o resto da provincia
Extinguido o incendio forestal do concello lugués de Trabada, parroquia homónima
Segundo as últimas medicións, o lume afectou unha superficie de 190 hectáreas
A Xunta avanza nos traballos de posta a punto do polígono agroforestal de San Amaro, na provincia de Ourense
Esta iniciativa, enmarcada na Lei de recuperación da terra agraria, abrangue unha superficie de 28,03 hectáreas distribuídas en 422 parcelas de 146 propietarios
A Xunta prosegue os traballos de roza para a posta en marcha do polígono agroforestal de Remuíño, que mobilizará 224 hectáreas no concello da Arnoia
Esta iniciativa, enmarcada na Lei de recuperación da terra agraria e que onte mesmo foi declarada de utilidade pública no Consello da Xunta, permitirá concentrar 224 ha distribuídas en 6.753 parcelas de 780 propietarios
A Xunta inicia os traballos de plantación de 25.000 árbores autóctonas nas marxes da autovía e do corredor do Morrazo
Estes traballos de reforestación supoñen a fase piloto da Estratexia de estradas verdes que impulsa o Goberno galego
Controlado o incendio forestal do concello lugués de Trabada, parroquia homónima
Segundo as últimas estimacións, o lume afecta unha superficie de arredor de 190 hectáreas