Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 285 novas da área temática Consumo:

24/11/2023 | 13:27 | C. do Medio Rural

A Xunta destina 400.000 euros á campaña “Os catro grandes de Galicia” para promocionar o consumo de queixos con selo de calidade

José González presentou esta acción promocional, enmarcada dentro da aposta pola promoción dos produtos agroalimentarios de calidade, e para que a Consellería destinará 6 millóns de euros no 2024

23/11/2023 | 13:49 | C. do Medio Rural

A Xunta establece unha normativa pioneira para a verificación por parte dos consellos reguladores da aptitude dos viños de denominacións de orixe

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde na que se recolle como será o novo procedemento para reforzar o sistema de comprobación das características a cumprir polos viños das DO

19/11/2023 | 13:30 | C. de Economía e Industria

Lorenzana subliña o espazo conxunto que comparten a artesanía e a gastronomía en Galicia

A publicación elaborada pola Fundación Artesanía de Galicia ilustra, a través diferentes fotografías, o resultado do traballo de colaboración entre 31 obradoiros e 15 restaurantes galegos

18/11/2023 | 10:06 | C. de Economía e Industria

A presentación dunha publicación sobre artesanía e gastronomía abre mañá as IV Xornadas Artesanía no prato na Coruña

Mañá domingo ás 11:30 horas en en Expocoruña presentarase o libro no que se recollen propostas fotográficas conxuntas de 12 restaurantes e 31 artesáns especializados en diferentes oficios, así como tres casos de éxito do traballo entre chefs e artesáns

17/11/2023 | 13:19 | C. do Medio Rural

“Pataca de Galicia. En boca de todxs” é o lema da campaña coa que a Xunta promoverá o consumo deste produto amparado polo selo de calidade diferenciada

O conselleiro presentou hoxe na Delegación Territorial da Xunta en Ourense a campaña do goberno autonómico, que se estenderá ata o 31 de decembro nun centenar de medios de comunicación locais, provinciais, autonómicos e estatais
 

17/11/2023 | 12:58 | C. de Economía e Industria

Tres obradoiros de Ribeira, Ourense e Ribadeo competirán polo premio Artesanía de Galicia 2023

Frouma Atlantic Wood (Ribeira), especializado en madeira; Logaro (Ourense), dedicado á calceta; e Raíces Nómadas Atelier (Ribadeo), que traballa co coiro, resultaron finalistas da categoría principal dos Premios Artesanía de Galicia 2023, impulsados pola Xunta