Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 211 novas da área temática Auga:

02/06/2023 | 14:30 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remata as actuacións de illamento acústico na zona de decantación da depuradora dos Praceres

Os traballos, cun investimento de 36.000 €, consistiron na implantación de medidas para evitar novos focos de ruído na contorna das instalacións hidráulicas

01/06/2023 | 15:32 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta outorga os Premios Escolares Innovaugas a 4 colexios de Cee, Xove, Ourense e Nigrán polos seus proxectos sobre o uso responsable da auga

Os gañadores foron o CPR Manuela Rial Mouzo de Cee, con ‘As pinguiñas viaxeiras’; o CEIP Pedro Casares de Xove, con ‘Gota a gota tamén se esgota’; o colexio Carmelitas de Ourense, co vídeo ‘Xornal Auga’; e o colexio Estudio de Nigrán, co vídeo ‘A auga’

30/05/2023 | 15:28 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta comparte coa Junta de Andalucía a experiencia de xestión na mellora do ciclo integral da auga en Galicia

A conselleira e os responsables de Augas de Galicia explican o traballo desenvolvido desde a Xunta para adaptar a xestión ao contexto climático, aumentando a eficiencia no consumo, protexendo o medio natural e blindando actividades como a pesca e o turismo

25/05/2023 | 12:38 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica as obras para a instalación de enerxía solar fotovoltaica na estación depuradora de augas residuais de Tomiño

Esta actuación, adxudicada por preto de 45.000 €, comprende a redacción do proxecto, dirección de obra e unha instalación fotovoltaica de 45 kWp para autoconsumo

25/05/2023 | 12:34 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remata as actuacións de mellora da depuradora de Ponte Chaín, no concello de Portas

Augas de Galicia procedeu á entrega destas intervencións á administración local

24/05/2023 | 11:31 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 5 ofertas para executar a remodelación da ponte na rúa Fomento de Carballo para reducir o risco de inundación no río Anllóns

Esta actuación, licitada por case 2 M€, permitirá intervir na zona da ponte, onde o estreitamento do leito do río e a súa escasa capacidade de desaugue fai que sexa unha das zonas más inundables no casco urbano en época de enchente

19/05/2023 | 13:43 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras de mellora do saneamento de Ver e de Boebre, no concello de Pontedeume, que supoñen un investimento de máis de 955.000 €

Os traballos están a comezarse pola execución da gabia da tubaxe de impulsión do bombeo da praia de Ver

13/05/2023 | 12:49 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica as obras para a instalación de enerxía solar fotovoltaica na depuradora de Ortigueira

Esta actuación, adxudicada por preto de 45.000 €, comprende a redacción do proxecto, dirección de obra e unha instalación fotovoltaica de 45kWp para autoconsumo

12/05/2023 | 12:24 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remata as obras de mellora do servizo de saneamento municipal en varios núcleos do concello de Muíños tras un investimento de 255.000 euros

Modernizáronse os sistema de tratamento das augas residuais dos núcleos de Muíños e do Barrio e realizáronse reparacións nas depuradoras do Parque e de Pazos

09/05/2023 | 19:24 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aposta pola colaboración con asociacións de veciños e de mulleres rurais e comunidades de usuarios de auga para consolidar o movemento veciñal

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, reuniuse con representantes da asociación de veciños As Regas do Carballido, en Lugo, onde puxo en valor o traballo destas entidades a prol da dinamización da vida local