Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 15.043 novas:

17/07/2024 | 17:26 | C. do Medio Rural

A Xunta reforza a coordinación cos consellos reguladores e cos corpos e forzas de seguridade do Estado fronte á entrada de uva foránea na vendima

 O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, participou hoxe na Subdelegación do Goberno en Ourense na habitual xuntanza anual para intensificar esa colaboración

17/07/2024 | 16:55 | C. do Mar

Villares destaca que as dúas ordes de axudas aos GALP posibilitarán mobilizar ata 2026 37,9 M€ para o impulso da actividade pesqueira

Estas achegas permitiron xa a execución de 64 proxectos por valor de máis de 8 millóns de euros e os proxectos presentados en 2024 están acadando a súa resolución

17/07/2024 | 16:51 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Miranda destaca o compromiso da Xunta por preservar e difundir a rica historia da emigración galega na presentación dos novos "Clásicos da emigración" no Consello da Cultura Galega

Rodríguez Miranda enfatizou a importancia de conservar e estudar a memoria histórica da emigración para comprender o seu impacto na identidade e a cultura galega contemporánea.

17/07/2024 | 16:48 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
17/07/2024 | 16:36 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Belén do Campo reúnese co alcalde de Boiro para abordar vías de colaboración

No encontro a delegada informoulle da orde de 2,4 M€ de axudas aos concellos de menos de 50.000 habitantes para financiar a rehabilitación e rexeneración urbanas o que lle permitirá seguir avanzando na rehabilitación do Pazo de Goiáns

17/07/2024 | 16:35 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inviste preto de 50.000 euros na construcción dunha senda peonil na avenida da Ponte de Catoira

O novo itinerario conta con 120 metros de largo e un ancho de 2,8 metros nas zonas máis amplas e 2 metros nas máis estreitas

17/07/2024 | 16:28 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Máis de 54.000 persoas presentan solicitudes para cursar FP o próximo curso, con especial demanda nos másteres e na modalidade dual intensiva

Confírmase de novo un máximo histórico de peticións que avala o interese destas ensinanzas en Galicia

17/07/2024 | 16:22 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos destaca a contribución do voluntariado no coidado e conservación das illas Cíes

A iniciativa pon en marcha unha serie de actividades para a preservación da illa e o seu entorno ademais de propostas lúdicas e deportivas

17/07/2024 | 16:19 | C. de Economía e Industria

Lorenzana remarca a aposta pola industria aeroespacial coa súa integración na política industrial da Xunta

Apunta que se trata dun sector cunhas enormes posibilidades de crecemento, que achega un indubidable valor engadido á industria galega en termos de innovación tecnolóxica, competitividade, diversificación e emprego cualificado

17/07/2024 | 16:14 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta aborda os principios da política do urbanismo de Galicia nun congreso en Guimarães

A directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, participou hoxe xunto a expertos das administracións e da universidade no Seminario Luso-Galaico sobre o Réxime Xurídico das Actuacións nos Solos Rurais e as Vilas de Galicia e Norte de Portugal