Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 215 novas da área temática Novas tecnoloxías:

04/11/2023 | 11:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Economía e Industria

Trenor reivindica o papel protagonista da Coruña no desenvolvemento da intelixencia artificial coa posta en marcha da cidade das TIC

O delegado da Xunta participou na apertura do congreso académico AI & Creation Day dentro da programación do festival AI Song Contest 2023

03/11/2023 | 15:17 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta destaca a importancia da concienciación dixital para crear un territorio conectado e seguro

O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, participou no III Encontro Galego de Ciberseguridade CIBER.gal

03/11/2023 | 15:06 | C. de Economía e Industria

A BFAero impulsa 12 novos proxectos innovadores no segmento dos vehículos non tripulados que se incorporan ao Polo aeroespacial de Galicia

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, participou hoxe no CIFP As Mercedes de Lugo no acto de acollida ás empresas seleccionadas na 5ª convocatoria

03/11/2023 | 13:10 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta presenta a ferramenta tecnolóxica EMI das oficinas de emprego que sincroniza oferta e demanda en tempo real grazas á intelixencia artificial

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, participou en Pontevedra na presentación deste software que tamén emprega a analítica avanzada e que se está a probar -ademais- nas oficinas de emprego de Cambados e Ordes

02/11/2023 | 11:34 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta seguirá avanzando para consolidar a madurez dixital de Galicia e convertela nunha rexión especializada en tecnoloxía

O consellerio de Facenda e Administración Pública inaugurou hoxe o III Encontro Galego de Ciberseguridade CIBER.gal

01/11/2023 | 16:13 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. de Economía e Industria; C. de Facenda e Administración Pública

O IET comparte co alumnado do máster en Sistemas Aéreos Non Tripulados da UVigo a experiencia da Xunta na utilización de drons para proxectos cartográficos

O organismo dependente da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda colabora neste título expoñendo o labor realizado no marco do proxecto pioneiro en Europa Civil UAVs Initiative

24/10/2023 | 14:01 | C. de Economía e Industria

A Xunta busca no mercado novas solucións para contribuír a mellorar os servizos públicos mediante tecnoloxías baseadas en vehículos non tripulados

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, presentou esta mañá ante un cento de empresas e centros de coñecemento unha Consulta Preliminar ao Mercado neste eido

21/10/2023 | 13:35 | C. de Facenda e Administración Pública; Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Máis de 6000 escolares participaron no III Concurso Ciberseguridade no cole!, que celebra a súa final no encontro CIBER.gal

Terá lugar o vindeiro 3 de novembro e será presentada pola comunicadora galega Es-ther Estévez

19/10/2023 | 17:37 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta destaca a importancia de promover o talento dixital para afrontar a especialización tecnolóxica de Galicia

A Estratexia Galicia Dixital 2030 asume os retos de xerar e reter talento e favorecer o fortalecemento do hipersector TIC para posibilitar a adopción das tecnoloxías disruptivas polos distintos sectores produtivos

10/10/2023 | 17:32 | C. de Economía e Industria

A Xunta salienta en Ferrol as oportunidades que ofrece a transformación dixital para impulsar iniciativas empresariais no rural

A directora do Igape, Covadonga Toca, participa na primeira das xornadas sobre esta temática que percorrerán seis concellos das catro provincias para poñer en valor as posibilidades que ofrecen as contornas rurais de cara a consolidar e impulsar novas ideas de negocio