Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 783 novas da área temática Medio ambiente:

22/05/2024 | 12:19 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta concede 40 axudas por un importe de 90.000 € para actuacións de conservación, protección e mellora das árbores e formacións senlleiras

Outorga 17 subvencións a 10 entidades propietarias ou particulares e 23 axudas distribúense entre 11 concellos e as deputacións provinciais da Coruña e Pontevedra

21/05/2024 | 14:35 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta salienta o seu compromiso coa Rede Natura e as iniciativas que buscan a súa mellora e protección

Marisol Díaz lembra que en xaneiro o Goberno galego convocou axudas por 2,8 M€ para concellos, particulares, asociacións sen ánimo de lucro e comunidades de montes con proxectos destinados a recuperar, preservar e mellorar a biodiversidade destes espazos

21/05/2024 | 12:01 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta salienta Galicia como unha potencia no eido das enerxías renovables a través de proxectos viables, sostibles e respectuosos co medio ambiente

Ángeles Vázquez incide no papel proactivo do Goberno galego no impulso do proceso de transformación necesario para avanzar cara a un novo modelo produtivo que poña a sostibilidade no centro

20/05/2024 | 14:04 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta brinda o seu apoio ao Club Can de Palleiro na promoción de actividades a prol desta raza autóctona

Marisol Díaz comprométese a apoiar as demandas do colectivo ante o Goberno central para poder continuar co seu labor tras a entrada en vigor da Lei estatal de protección de dereitos e benestar dos animais

20/05/2024 | 13:19 | C. de Economía e Industria

Publicada a primeira convocatoria de axudas do Fondo de Transición Xusta para impulsar a mellora da sustentabilidade enerxética no sector industrial da provincia da Coruña

O Diario Oficial de Galicia faise eco da convocatoria á que se destinan 7 millóns de euros e que favorecerá a mobilización de 15,5 millóns de euros e a creación ou mantemento de máis de 150 postos de traballo

18/05/2024 | 12:18 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o Concello de San Xoán de Río estudan o desenvolvemento dun proxecto de depuración de augas residuais e pluviais mediante humidais artificiais

Ángeles Vázquez explica que o Goberno galego continuará prestando o seu apoio técnico e económico aos concellos para que poidan exercer as súas competencias de saneamento e abastecemento de xeito máis eficiente

18/05/2024 | 10:10 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta contrata por case 110.000 € a instalación de paneis solares fotovoltaicos na planta de residuos voluminosos de Cerceda

Os traballos teñen como fin executar as obras necesarias para a colocación, montaxe e posta en servizo destes novos elementos e reducir a factura enerxética actual

17/05/2024 | 18:11 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Unha trintena de profesionais do Parque Nacional das Illas Atlánticas recibe formación para atender emerxencias e evacuacións sanitarias

Este verán os profesionais deste espazo protexido disporán dunha mochila médica, que facilitará unha comunicación directa e permanente con persoal médico en terra

16/05/2024 | 15:42 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Cada galego reciclou o ano pasado 30,3 kg de envases lixeiros e de papel-cartón, case un 3% máis que en 2022

Segundo os datos de Ecoembes, recuperáronse un total de 73.687 toneladas deste tipo de refugallos domésticos ao longo de 2023, dos cales o 64% procedían dos 57.680 contedores amarelos e azuis instalados no conxunto da comunidade