Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 127 novas da área temática Facenda:

03/02/2023 | 15:35 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta pon en valor o seu modelo fiscal propio e previsible capaz de aliviar a carga das familias e empresas

O conselleiro de Facenda e Administración pública, Miguel Corgos, participou na clausura das xornadas sobre fiscalidade e contabilidade organizadas polo Colexio de Economistas da Coruña

29/01/2023 | 15:03 | C. de Facenda e Administración Pública

O plan Digitalent inicia o primeiro trimestre do ano con máis dunha ducia de actividades para fomentar o talento dixital na infancia, na adolescencia e na xuventude

Entre xaneiro e marzo de 2023 activaranse accións para fomentar as vocacións STEAM entre os máis novos e impulsaranse iniciativas para facilitar a adaptación a perfís especializados no eido universitario e da Formación profesional
 

25/01/2023 | 12:22 | A Presidencia da Xunta

Galicia ampliará un 50% o número de cribados de cancro de mama, que suporá estender a súa cobertura a 200.000 mulleres máis

Rueda adianta que a nosa comunidade recuperará este mesmo mes de xaneiro o Produto Interior Bruto (PIB) que rexistraba antes da pandemia, “moito antes do que o vai facer a media nacional”

17/01/2023 | 12:09 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta destaca que a estabilidade de Galicia permite que os orzamentos entren en vigor cada ano en tempo e forma

Miguel Corgos participou nun almorzo informativo con empresarios organizado por APD onde subliñou que estas contas se elaboraron para dinamizar a economía e mitigar a suba de prezos
 

03/01/2023 | 11:58 | C. de Facenda e Administración Pública

A Canle +65 da Xunta atendeu máis de 3.000 chamadas desde a súa posta en servizo no mes de outubro

Esta iniciativa pioneira inclúe servizos como a atención presencial prioritaria nas Oficinas de Información e Rexistro da Xunta de Galicia, así como nas oficinas da Axencia Tributaria de Galicia

01/01/2023 | 10:43 | C. de Facenda e Administración Pública

Entran en vigor os Orzamentos da Xunta para 2023, os máis altos da súa historia

As contas acadan os 12.620 M€ e priorizan un ano máis o gasto social