Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 142 novas da área temática Cooperación:

30/06/2023 | 13:53 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Narón acolle mañá a celebración do Día Galego do Cooperativismo

A Xunta con esta iniciativa busca poñer en valor esta fórmula económica que xera riqueza nas contornas e avoga pola sustentabilidade e o benestar

28/06/2023 | 21:31 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta pon en valor a importancia do papel dos medios de comunicación para crear a imaxe da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal

O vicepresidente primeiro da Xunta participou hoxe nun encontro previo ao “1º Seminario de directores e editores de medios de comunicación social da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal” que mañá acollerá en Matosinhos a medio cento de representantes de medios de ambos lados da “raia”

26/06/2023 | 10:10 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta abre a convocatoria de axudas a microproxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde, dotada con 90.000 euros, dirixida a ONGD e aos outros axentes sociais ou entidades que teñan entre os seus fins a realización de actividades de cooperación para o desenvolvemento

16/06/2023 | 16:05 | C. de Sanidade

O conselleiro de Sanidade asina un acordo de cooperación transfronteirizo entre Portugal e Galicia para o desenvolvemento tecnolóxico en imaxe médica PET

A rede Gallaecia-PET permitirá coordinar e aumentar significativamente as diferentes capacidades existentes en ambas as rexións en tecnoloxía de imaxe médica PET, desde a investigación preclínica e desenvolvemento de radiofármacos ata o seu uso clínico

14/06/2023 | 15:02 | A Presidencia da Xunta; C. de Sanidade

Rueda celebra que as doazóns de sangue en Galicia se incrementasen en máis dun 50 % nos últimos 30 anos

Agradece a “xenerosidade e a solidariedade” da sociedade galega, a terceira Comunidade autónoma con maior número de doazóns

13/06/2023 | 15:45 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta coñece os proxectos financiados pola cooperación galega en Guatemala

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo visitou os proxectos levados a cabo no país a través de ONGD como a Fundación Entreculturas Fe y Alegría, Solidariedade Internacional de Galicia e Arquitectura sen Fronteiras

06/06/2023 | 10:16 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta convoca seis bolsas para a formación de persoas expertas en cooperación internacional para o desenvolvemento

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde, dotada con máis de 108.700 euros, que inclúe estancias na sede da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE en Santiago de Compostela ou en unidades da AECID en países prioritarios da Cooperación Galega

05/06/2023 | 12:58 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta expón o modelo de xestión da auga en Galicia aos responsables da administración dos recursos hídricos no sur de Mozambique

O Goberno galego amosaralle estes días á delegación mozambiqueña as claves da xestión pública da auga en Galicia, visitando varias infraestruturas hidráulicas e traballando co persoal técnico de Augas de Galicia en actuacións teóricas e prácticas

25/05/2023 | 15:46 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta defende a cohesión territorial de cara a próxima revisión do orzamento comunitario no pleno do comité das rexións

O Goberno galego fixo aportacións á elaboración de dous ditames sobre a revisión do actual marco financeiro plurianual da UE e sobre a necesidade dun marco lexislativo adecuado que garanta a sustentabilidade do sistema alimentario