Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 285 novas da área temática Consumo:

06/12/2023 | 21:09 | C. do Mar

GALICIA SABE AMAR encara a recta final do ano centrando a súa promoción dos produtos do mar na saúde, os eventos deportivos e as citas do Nadal

Alfonso Villares destaca como fundamental conseguir levar peixes, mariscos e conservas aos fogares por ser unha fonte fundamental de calidade de vida

05/12/2023 | 14:55 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. do Mar

A Xunta apoia a campaña de difusión “O cerco, un xeito de vida”, presentada hoxe na Praza de Abastos de Lugo

A Consellería do Mar colabora coa Asociación de Armadores do Cerco de Galicia a través da liña de achegas para os plans de produción e comercialización dos produtores pesqueiros

01/12/2023 | 14:10 | C. de Economía e Industria

A Xunta apoia a comercialización de artesanía de Galicia no Mercado da Estrela de Santiago

A xerente de Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, participou esta mañá na presentación da 12ª edición deste evento, que se celebrará do 15 ao 18 de decembro
 

30/11/2023 | 17:48 | C. do Medio Rural

A Xunta defende a vía da calidade para diferenciar a produción alimentaria de Galicia

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria abriu a sesión de tarde do I Congreso Internacional de Consumo que organiza a Unión de Consumidores de Galicia

30/11/2023 | 16:44 | C. do Mar

A Xunta pecha os foros de Galicia Sabe Amar nos que profesionais da gastronomía puxeron en valor as propiedades dos produtos do mar galegos

O conselleiro enxalzou a calidade e variedade das preto de 300 especies que son comercializadas polas máis de 60 lonxas de toda Galicia e sinalou a importancia de incentivar o seu consumo dentro dunha dieta equilibrada e saudable

30/11/2023 | 11:32 | C. do Mar

Alfonso Villares defende que a rebaixa do IVE aos produtos da pesca incentivaría o seu consumo e xeraría efectos beneficiosos no conxunto da economía

Un recente estudo das universidades de Santiago e A Coruña certifica que se se reduce á metade este imposto poderíanse chegar a crear preto de 5.600 novos empregos e  xeraríase un valor engadido bruto de 28,5 millóns de euros

29/11/2023 | 14:08 | C. do Mar

A Xunta presenta os avances para a xestión sostible da mexilla no litoral galego acadados da man da ciencia

A iniciativa Apromex abrangue do análise da poboación de cría do mexillón nas rochas á posta en marcha de novos sistemas para avaliar a captación no medio natural e tamén a súa produción complementaria a través de criadeiros

28/11/2023 | 11:51 | C. do Mar

Expertos das universidades de Santiago e da Coruña certifican que reducir a fiscalidade aos alimentos do mar aumentaría o consumo e xeraría novos empregos

É a conclusión do Grupo de Investigación de Economía Pesqueira e Recursos Naturais da USC liderado por Gonzalo Rodríguez, Andrés González, María do Carme García Negro xunto co economista coruñés Fernando González Laxe

24/11/2023 | 15:31 | C. do Mar

A Xunta traballa coas universidades en estudos sobre a evolución do consumo de peixe e que miden os beneficios que produciría unha rebaixa do IVE

O titular de Mar volveu a reclamar a redución fiscal aos produtos pesqueiros en liña co que se mantén para outros alimentos no IV Foro ‘GALICIA SABE AMAR’, onde animou a incluír estes alimentos saudables e sustentables na cesta da compra