Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 376 novas da área temática Xuventude:

15/12/2023 | 16:49 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta reúne a arredor de 270 estudantes nos encontros formativos do programa Correspondentes Xuvenís

Destaca a implicación de alumnado e profesorado neste programa, que achega información de interese e de utilidade a centros de ensino de toda Galicia

13/12/2023 | 15:34 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta dá a benvida aos participantes nas V Xornadas Formativas Cidades Amigas da Infancia

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, participou na inauguración deste encontro

13/12/2023 | 11:29 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca a importancia de dar a coñecer os valores xacobeos entre a rapazada

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou na cuarta edición do ‘Festival Escolar do Camiño Inglés’, organizado pola Fanpa Ferrolterra Concepción Arenal para promover esta ruta entre os milleiros de escolares das comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal

12/12/2023 | 20:11 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta dá a coñecer os premiados en Moda e Xoias do programa Xuventude Crea

Na categoría de Moda, o primeiro premio foi para a moza María Albores, de Boiro; mentres que o segundo foi para Julia Lameiro, de Ames; e o terceiro para a viguesa Noemi Comesaña

11/12/2023 | 19:27 | A Presidencia da Xunta

Rueda anuncia que o Bono Deporte de 120 euros estará activo o 8 de xaneiro para todas as familias con rapaces de entre 6 e 16 anos federados ou inscritos no programa Xogade

Salienta que a Xunta vai destinar “máis de 16 M€” a estas axudas co obxectivo de chegar “a 135.000 rapaces e rapazas”

09/12/2023 | 17:04 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta leva a programación do Outono Xove á Mariña Lucense

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, estivo hoxe cos participantes nestas propostas, que teñen lugar no campamento de A Devesa (Ribadeo) e no albergue xuvenil de Area (Viveiro)

09/12/2023 | 15:46 | C. do Medio Rural

A Xunta destinará 44 M€ en 2024 ás partidas de incorporación de mozos ao rural, plans de mellora e instalacións de pequenas explotacións

José González sinalou que estas achegas -incrementadas con máis de 5 millóns respecto ás de 2023- se enmarcan dentro dos 83 millóns de euros incluídos nos orzamentos do vindeiro ano para accións que permitan seguir afondando na remuda xeracional e a competitividade no agro galego
 

08/12/2023 | 12:18 | C. de Política Social e Igualdade

O mozo de Sada Javier Vázquez Gundín é o gañador en Danza Moderna do programa Xuventude Crea 2023

Juan Rodríguez Bas e Noelia Andrés Oliveira (Gondomar) fixéronse co segundo posto, e o terceiro lugar foi compartido pola parella Carlota Paz Álvarez e Claudia Fusté Zaragoza (Lugo) e Fátima Castro González (Lugo)

02/12/2023 | 17:23 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta fomenta un ocio saudable e formativo para a mocidade no albergue xuvenil das Sinas a través do programa Outono Xove

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, estivo hoxe cos participantes nesta proposta