Actualidade
Buscador de novas
Portos de Galicia licita por máis de 650.000 euros as obras de rehabilitación e mellora do peirao mexilloeiro de Moaña
Os traballos permitirán reconstruír o peirao recuperando a liña de atracada ao longo de toda a estrutura
Portos de Galicia licita por máis de 1,4 millóns de euros as obras de remodelación e ampliación da lonxa de Tragove, en Cambados
Os traballos permitirán dotar ao edificio dunha nova zona para a limpeza de caixas, a preparación do peixe e cámaras de frío e conxelación
Alfonso Villares cre que o aumento do consumo dos alimentos do mar e do agro galegos é o mellor premio que a sociedade pode outorgar aos seus produtores
O titular de Mar destacou o éxito do Galicia Fórum Gastronómico como a feira culinaria máis destacada do noroeste peninsular e o principal escaparate da rica e diversa despensa que pode ofrecer o arco atlántico europeo
Alfonso Villares destaca a importante relación de Cabo Verde e Galicia en materia pesqueira e o peso social e económico da comunidade deste país na Mariña
Resalta a relevancia tanto da presencia da frota e as industrias galegas no arquipélago africano como da colonia caboverdiana nos barcos con porto base en Burela
A Xunta define o Galicia Fórum Gastronómico como “unha unión da tradición, a innovación e a paixón” que permite poñer en valor a nosa calidade alimentaria
José González expresou o seu desexo de que o Fórum sirva como catalizador para fortalecer as nosas producións e promover un crecemento sostible deste eido
Alfonso Villares reclama ante a frota do cerco a revisión á alza das cotas pesqueiras establecidas en augas comunitarias para este ano
O titular de Mar sostén esta demanda no contido do ditame emitido polo Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE) que avala a decisión adoptada polos 27 na que se fixaban os TAC no ano 2020