Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 520 novas da área temática Igualdade:

07/03/2024 | 10:36 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon de relevo as actuacións de prevención de riscos laborais con enfoque de xénero co gallo do 8-M, Día da Muller

No marco da Estratexia de Seguridade e Saúde no Traballo de Galicia Horizonte 2027, avógase pola diversidade na prevención para garantir a igualdade de oportunidades e a protección independentemente do xénero ou das características persoais

06/03/2024 | 14:29 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Rivo destaca na V Semana Universitaria da Economía Social da USC a aposta da Xunta por un modelo que xera riqueza no territorio e crea emprego inclusivo

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade en funcións, Elena Rivo, sinalou que a 2ª Estratexia da economía social ten accións a desenvolver deica 2027 aspirando a profesionalizar a economía social e a xerar 4.000 empregos e 400 novas entidades

06/03/2024 | 13:09 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta participa no acto da Universidade de Santiago de Compostela co gallo do 8-M, Día da Muller

A secretaria xeral da Igualdade, Sandra Vázquez, puxo de relevo que a USC forme parte da Rede de Unidades de Igualdade de Xénero para a Excelencia Universitaria e que o acto de hoxe se centrase nunha cuestión prioritaria como a saúde mental

03/03/2024 | 11:34 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta celebrará o acto conmemorativo do 8-M cos escolares premiados no certame de carteis convocado polo Día Internacional da Muller

Quérese poñer en valor o compromiso da comunidade escolar coa igualdade nun encontro en Santiago de Compostela no que se fará entrega dos galardóns aos centros da Coruña, Arteixo, Vigo, Moaña, Guitiriz e O Carballiño, que resultaron premiados

29/02/2024 | 15:29 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A filmoteca de Galicia celebra o Día da Muller durante todo o mes de marzo con 26 traballos de dirección feminina

A nova edición do ciclo ‘Olladas de muller’ inclúe 15 títulos e ábrese o día 5 cun coloquio con Jaione Camborda e Laura Ferrés seguido da proxección das curtas Rapa das Bestas e Los desheredados

29/02/2024 | 12:00 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta outorga os premios da 7ª edición do concurso de carteis escolares co gallo do 8-M, Día Internacional da Muller

Entre as 124 propostas presentadas, resultaron gañadores os traballos de alumnado de centros da Coruña, Arteixo, Vigo, Moaña, Guitiriz e O Carballiño con mensaxes a prol da igualdade entre mulleres e homes

28/02/2024 | 16:31 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O colexio Felipe de Castro, de Noia, desenvolve estes días o programa da Xunta ‘Cinema con perspectiva’, de concienciación sobre a igualdade de xénero

A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa visita as actividades desta iniciativa, que inclúen a proxección de curtas, coloquios e obradoiros

27/02/2024 | 11:02 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Rivo enxalza o papel dos concellos para avanzar desde a unión nunha sociedade 100% tolerante e igualitaria

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade en funcións, Elena Rivo, inaugurou a xornada ‘Pioneiros. Políticas de igualdade nos concellos galegos’, organizada pola Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp)

22/02/2024 | 13:55 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Emprego, Comercio e Emigración

Máis de 52.000 euros en axudas da Xunta para a rehabilitación e mellora do equipamento dos CIM da área de influencia de Pontevedra

O delegado visitou esta mañá o CIM de Poio que utilizou os máis de 16.500 euros que lle foron outorgados para adquirir novo mobiliario e equipamento informático