Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 211 novas da área temática Auga:

25/08/2023 | 14:42 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta aconsella aos concellos do sistema de abastecemento do río Lérez axilizar o ente supramunicipal para a xestión da subministración de auga e elaborar un Plan de seca conxunto

A prealerta por escaseza de auga supón intensificar a vixilancia da auga dispoñible en relación ás necesidades existentes, anticipándose para poder adoptar as medidas necesarias para garantir o abastecemento

23/08/2023 | 12:37 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. do Medio Rural; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. de Sanidade

A Xunta activa a prealerta por escaseza moderada de auga nos sistemas do río Lérez, en Pontevedra, e do río Grande, en Camariñas

A Oficina Técnica da Seca acorda manter tamén a situación de prealerta ou escaseza moderada nos sistemas do río Anllóns, río Mero, Arteixo e ría da Coruña

22/08/2023 | 17:16 | C. de Sanidade

Sanidade urxe de novo o Concello de Viveiro a que tome medidas para mellorar a calidade da auga na praia de Celeiro

A Xunta xa lle advertiu ao Concello en febreiro que a calidade da auga fora insuficiente nas últimas tres temporadas de baño, sen que o goberno local actuara

27/07/2023 | 14:26 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. do Medio Rural

O delegado territorial da Xunta en Ourense supervisa as obras dun punto de auga na Arnoia

Este novo punto de auga terá unha capacidade de máis de 430.000 litros para carga de helicópteros e motobombas

22/07/2023 | 12:35 | C. do Mar

A Xunta e a Fundación Traslatio achegan o mar e o consumo de produtos pesqueiros á cidadanía con visitas ao Nautilus e talleres no Hidria Segundo

A Consellería do Mar colabora con esta entidade na difusión da importancia do sector e na inclusión dos peixes e mariscos na dieta a través de accións como a entrada ao visor submarino ou obradoiros a bordo do buque a vapor

21/07/2023 | 14:59 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta declara a prealerta por escaseza moderada de auga nas bacías do río Mero e do río Anllóns, na zona norte da Coruña e no subsistema de Baiona

Os encoros de Cecebre e de Baiona presentan niveis de ocupación inferiores aos da media e no caso do río Anllóns advírtese unha baixada do caudal

19/07/2023 | 16:04 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta convoca aos concellos da área de Pontevedra a unha reunión para abordar a creación dun ente supramunicipal de abastecemento de agua

A xuntanza dará continuidade á celebrada en xullo do pasado ano, na que o Executivo autonómico xa advertiu do deber de constituír unha entidade supramunicipal de xestión do sistema de abastecemento, en cumprimento da Lei de Augas

13/07/2023 | 19:55 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta avanza nas obras dos colectores e do tanque de tormentas do Río Pontiñas e compromete un investimento total de 16 M€ no saneamento do núcleo urbano de Lalín

Teresa Gutiérrez explica os traballos en execución para aumentar a capacidade dos colectores do río Pontiñas e a construción dun tanque de tormentas co obxectivo de mellorar o funcionamento do sistema en tempo de chuvias e evitar vertidos

11/07/2023 | 16:43 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta rematará a finais de verán o proxecto para reducir o risco de inundacións no río Maior, en Sada, que eleva o investimento necesario das obras a máis de 6 M€

A directora de Augas de Galicia insta á entidade local a buscar implicación da Deputación Provincial da Coruña no cofinanciamento, toda vez que o convenio asinado entre a Xunta e o Concello prevé unha colaboración nun investimento de 1,5 M€

04/07/2023 | 20:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta rematará neste mes de xullo o proxecto dos colectores e da nova depuradora de Foz, nos que investirá máis de 12,2 millóns de euros

A directora de Augas de Galicia solicitoulle hoxe ao Concello que someta canto antes o proxecto a información pública e axilice o resto de trámites municipais para poder iniciar as obras