Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 107 novas da área temática Maiores:

23/10/2023 | 14:24 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García sinala que Galicia será a única comunidade en contar cun complemento universal ao Bono Residencia

Será unha axuda extra de 1.200 euros ao ano que beneficiará a máis de 10.000 galegos para o pago dunha residencia privada

20/10/2023 | 15:25 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destinará 100 M€ ao ano ao bono coidado universal para axudar a todos os dependentes que son atendidos no seu fogar

Unhas 20.000 familias beneficiaranse do Bono coidado universal, axuda de 5.000 euros ao ano para todas as persoas dependentes que reciben atención nas súas casas por parte dun familiar, dun veciño ou calquera outra persoa

07/10/2023 | 10:22 | C. de Facenda e Administración Pública

Preto de 10.000 persoas maiores de 75 anos incorporáronse ao uso de internet en Galicia en só un ano

Entre 2021 e 2022 rexistrouse un incremento de internautas deste tramo de idade superior ao 15%, o máis elevado nese período de tempo

06/10/2023 | 14:51 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta e o Concello de Ribadeo abordan melloras no centro de día público autonómico

De maneira inminente, destinaranse máis de 17.600 euros a mellorar a carpintería exterior, coa substitución das portas de madeira de máis de sete metros de altura situadas na planta baixa deste edificio singular de titularidade municipal

02/10/2023 | 14:09 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta estuda co Concello de Teo a creación dun novo centro de día de atención a maiores

O Goberno galego colabora coas Administracións locais na posta en marcha de máis e mellores servizos de atención como o Servizo de Axuda no Fogar

28/09/2023 | 13:38 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta critica que o Goberno central modifique a Lei de Dependencia sen consenso e sen financiamento

Advirte que a aplicación literal da reforma suporía reducir as prestacións que perciben persoas usuarias do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) e de centro de día

27/09/2023 | 13:46 | C. de Facenda e Administración Pública; Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia; C. de Política Social e Igualdade

A Xunta implanta unha solución tecnolóxica para facilitar a monitorización do estado de saúde nas residencias de maiores e de atención a persoas con discapacidade

Os equipos, que permiten recoller a tempo real as constantes vitais, están a ser implantados este ano en 22 residencias