Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 170 novas da área temática Territorio:

27/04/2023 | 15:16 | A Presidencia da Xunta; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta aproba o proxecto de Lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia para completar o seu autogoberno sobre a costa e reforzar a seguridade xurídica

Rueda destaca que o Goberno autonómico aposta por unha regulación “adaptada á realidade galega” e unha ordenación do litoral “realista, razoable e eficaz”

24/04/2023 | 12:19 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta licita por preto de 190.000 € a redacción do Plan para a ampliación do parque empresarial de Toedo, no concello da Estrada

A empresa pública Xestur publicou a licitación do contrato para elaborar o instrumento que permitirá incrementar a actual superficie do parque en preto de 162.000 m2

23/04/2023 | 13:39 | C. do Medio Rural

A Xunta declara a firmeza do acordo da concentración parcelaria de Saiar, en Caldas de Reis

Desta forma, dáse un paso máis cara á finalización desta reorganización territorial, xa que só queda pendente aprobar a acta de reorganización, o que suporá o remate administrativo deste proceso

21/04/2023 | 16:40 | C. do Medio Rural

As aldeas modelo impulsadas pola Xunta posiciónanse como laboratorios vivos dentro do proxecto comunitario Rustik a prol da transición cara a un rural sustentable

Rustik é un proxecto de investigación de catro anos de duración (2022-2026) financiado polo programa Horizon da Unión Europea

21/04/2023 | 13:42 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático
14/04/2023 | 21:03 | C. do Medio Rural

A Xunta resalta os instrumentos que ofrece a Lei de recuperación para a ordenación de usos do territorio e a mobilidade de terras

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural participou nun relatorio no marco das xornadas A transición ecolóxica no condado Paradanta, organizadas polo GDR local

10/04/2023 | 13:13 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta pon en valor a área de interese paisaxístico do Castelo de Pambre como exemplo da riqueza natural e patrimonial que atesoura Galicia

Ángeles Vázquez subliña que as 302 zonas delimitadas en Galicia pola relevancia da súa paisaxe desde o punto de vista natural, cultural ou panorámico representan o 9,21% da superficie da Comunidade e supoñen un legado que hai que preservar e dar a coñecer

04/04/2023 | 13:38 | C. do Medio Rural

A Xunta reúnese cos veciños implicados na nova parcelaria de Herbón, no concello de Padrón

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural desprazouse á localidade coruñesa para manter un encontro informativo

03/04/2023 | 15:42 | C. do Medio Rural

A Xunta destina 525.000 € aos nove concellos do Condado e A Paradanta ao abeiro do Plan de mellora de camiños rurais 2023-2024

O delegado territorial en Pontevedra, Luis López, informou desta resolución da Consellería do Medio Rural nunha dobre visita de supervisión ás obras realizadas coa anterior convocatoria en Lougares e Vilar, no Concello de Mondariz, e en Escobeiro, en Mondariz-Balneario