Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 783 novas da área temática Medio ambiente:

29/05/2024 | 15:25 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta pon en valor o papel das comunidades enerxéticas locais na creación dunha cultura da sostibilidade entre a cidadanía

Paula Uría salienta que estes proxectos colectivos converten ao consumidor en produtor, co que se incrementa a súa implicación na xestión da enerxía e, ao mesmo tempo, fomentan o aproveitamento de recursos locais

29/05/2024 | 10:26 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta amplía a dotación do Fondo de Compensación Ambiental para beneficiar un maior número de concellos

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a ampliación orzamentaria da liña competitiva, aberta a todas as administracións locais, que pasa de 1,7 a 3,2 millóns de euros

28/05/2024 | 15:06 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta salienta a colaboración entre o Laboratorio de Medio Ambiente de Lourizán e Augas de Galicia desde 2010 para garantir o bo estado das augas superficiais

Paula Uría subliña que estas instalacións se especializan na realización de análises biolóxicas e no control de calidade das augas naturais, con máis de 131.000 actuacións realizadas só en 2023 entre mostraxes, analíticas e medicións in situ

28/05/2024 | 14:46 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta someterá a unha nova avaliación de impacto ambiental o proxecto da rolda leste de Lugo na busca do maior consenso sobre o trazado

O Goberno galego á vista do proceso de información pública e tendo en conta as alegacións recibidas e informes recadados decide someter novamente o proxecto de Rolda Leste á consulta pública e á declaración de impacto ambiental

28/05/2024 | 13:30 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta inviste preto de 1,8 M€ nas obras de mellora da rede de saneamento da parroquia de Queiruga, en Porto do Son

Os traballos, que rematarán a finais de ano, beneficiarán a dous núcleos de poboación e supoñen a dotación dunha estación depuradora, a instalación dunha nova rede de colectores e as correspondentes estacións de bombeo e impulsións

28/05/2024 | 12:57 | C. de Sanidade

O Servizo Galego de Saúde comeza cos primeiros proxectos da súa Estratexia de Economía Circular 2030

Un comité de 20 especialistas será o encargado de desenvolver durante os vindeiros seis anos a estratexia que situará Galicia na vangarda da protección do medio ambiente

27/05/2024 | 21:27 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Belén do Campo e Marisol Díaz participan no XI Aniversario da Declaración da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo

A delegada territorial destacou que neste espazo se cumpre o grande obxectivo dunha reserva da biosfera, que é conseguir harmonizar a conservación da diversidade biolóxica e cultural co desenvolvemento económico e social do territorio

27/05/2024 | 13:57 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

O programa da Xunta para mellorar a resiliencia do Parque Natural do Xurés ante o cambio climático recibe un premio Experiencias inspiradoras de Europarc

Este galardón ten o obxectivo de identificar, documentar e difundir proxectos e iniciativas que aborden os grandes retos de futuro dos espazos naturais protexidos

27/05/2024 | 13:51 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta realiza labores de conservación e mantemento no río Té, ao seu paso polo concello de Rianxo

As tarefas céntranse nun treito de preto de 7 quilómetros e inclúen a roza puntual e selectiva de arbustos e a retirada de árbores e biomasa na canle para evitar atoamentos

26/05/2024 | 12:06 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta licita por preto de 3,5 M€ as obras de mellora da envolvente térmica e enerxética da sede da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Os traballos de rehabilitación buscan reducir un 30% o consumo de enerxía do edificio, cuestión pola que se beneficia de fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea-Next Generation