Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 327 novas da área temática i+D+i:

31/10/2023 | 13:18 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Facenda e Administración Pública

O DOG publica a encomenda á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da execución do Centro de Ciberseguridade de Galicia en San Cibrao das Viñas, que suporá un investimento de máis de 6 M€

A actuación está en proceso de adxudicación e o obxectivo é empezar as obras a principios do vindeiro ano para que estean finalizadas en 2025

31/10/2023 | 13:18 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta impulsa máis dunha trintena de actividades para celebrar o Mes da Ciencia en Galego nas bibliotecas

O director xeral de Cultura e a directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa presentan a programación das actividades de divulgación científica
 

28/10/2023 | 13:30 | C. de Economía e Industria

Lorenzana pon en valor o esforzo do tecido empresarial por comercializar produtos e servizos no mercado internacional

Apunta que un dos obxectivos da Xunta de Galicia é impulsar a internacionalización da economía galega e que pemes, autónomos e establecementos comerciais teñan acceso a novas canles e destinos de comercialización

25/10/2023 | 15:24 | C. de Economía e Industria

A UMI formada polo ITG e a empresa Star Defence Logistics & Engeneering reforza o posicionamento internacional do Polo Aeroespacial de Galicia

Presentáronse hoxe na Cidade das TIC os resultados desta Unidade Mixta de Investigación (UMI) Fastfly, que recibiu un apoio da Xunta de Galicia de máis dun millón de euros no período 2017-2023, co financiamento da Unión Europea a través de fondos Feder

24/10/2023 | 14:01 | C. de Economía e Industria

A Xunta busca no mercado novas solucións para contribuír a mellorar os servizos públicos mediante tecnoloxías baseadas en vehículos non tripulados

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, presentou esta mañá ante un cento de empresas e centros de coñecemento unha Consulta Preliminar ao Mercado neste eido

24/10/2023 | 12:14 | C. do Mar

A Xunta ve imprescindible o diálogo entre sector pesqueiro, a sociedade civil e a ciencia para contribuír a acadar avances na xestión sustentable dos mares

Os grupos que forman o Consello Consultivo das Augas Occidentais, integrados nun 60 % por profesionais da pesca e nun 40 % por colectivos sociais, elevarán ditames sobre temas que van do Plan de Acción de Bruxelas ás propostas de cotas para 2024

20/10/2023 | 22:01 | C. de Economía e Industria

A Xunta ve na Coruña o corazón do sector TIC en Galicia

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, asistiu á XXVII Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información

20/10/2023 | 16:17 | C. de Economía e Industria

A Xunta pon en marcha novas accións para posicionar Galicia a nivel internacional como un territorio atractivo para investigar

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, informou no Parlamento dos instrumentos cos que conta a Administración autonómica para fomentar a formación e facilitar a incorporación de talento científico e innovador ao ecosistema galego de I+D+i

20/10/2023 | 14:20 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria

O titular do Goberno galego destaca a contribución da Cidade das TIC para a especialización de Galicia nas tecnoloxías emerxentes

Salienta a súa aportación para desenvolver tecidos empresariais máis competitivos e impulsar a dixitalización na comunidade
 

16/10/2023 | 22:12 | A Presidencia da Xunta

Rueda anuncia investimentos de 18 M€ para facer de Ferrol a cidade do deporte e novas actuacións nos tres barrios BIC

Anuncia un acordo entre Xunta e Concello para comezar a traballar nun convenio de colaboración que supoña investir 18 millóns de euros ata 2027 en actuacións de rexeneración urbana na cidade e converter a Ferrol na cidade do deporte do futuro