Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 115 novas da área temática Función pública:

01/03/2023 | 13:41 | C. de Sanidade

A Xunta ofertará 13 prazas médicas por concurso de méritos para os centros sanitarios da Costa da Morte

O conselleiro de Sanidade detallou que oito serán para o Hospital Virxe da Xunqueira de Cee e outras cinco para os centros de primaria da zona

01/03/2023 | 13:00 | C. de Sanidade

A Xunta ofertará 15 prazas fixas por concurso de méritos para reforzar o hospital comarcal do Barbanza

O delegado territorial e a xerente da área sanitaria de Santiago e Barbanza informaron que se convocarán outras 11 prazas de médicos de familia e pediatras nos centros de saúde de Ribeira, Boiro, Rianxo e A Pobra do Caramiñal

01/03/2023 | 10:43 | C. de Facenda e Administración Pública
28/02/2023 | 14:08 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta convoca o proceso selectivo para cubrir 96 prazas de auxiliar de policía local en 21 concellos galegos

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as bases reguladoras do proceso selectivo, que será de oposición por quenda libre

28/02/2023 | 13:45 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta convocará por concurso de méritos a cobertura dous médicos de familia e dous pediatras nos concellos de Noia, Muros e Mazaricos

O delegado territorial e a e a xerente da área sanitaria de Santiago e Barbanza informaron que estas catro prazas se incluirán na convocatoria mediante concurso de méritos que se aprobará nos vindeiros días

28/02/2023 | 12:46 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta convocará 30 prazas de especialistas no distrito sanitario de Valdeorras por concurso de méritos

Delas 21 de diferentes especialidades estarán asignadas ao Hospital Público de Valdeorras e 9 aos centros de saúde deste Distrito Sanitario

28/02/2023 | 10:59 | C. de Sanidade

A Xunta ofertará 23 prazas fixas por concurso de méritos para os centros de saúde da área sanitaria de Vigo

“Galicia é a única comunidade autónoma na que un médico pode rematar o MIR e obter praza fixa no sistema no mesmo ano”, -remarca o conselleiro de Sanidade-

15/02/2023 | 17:21 | C. de Sanidade

O Consello Asesor do Sistema Público de Saúde de Galicia valora positivamente as medidas que está adoptando o Servizo Galego de Saúde

Os membros do Consello asesor puxeron en valor as medidas adoptadas no ámbito da estabilización dos profesionais sanitarios, a convocatoria por concurso de méritos para cubir os prazas de difícil cobertura, as axendas con cupos de 33 pacientes e 7 ocos para posibles urxencias, o pulo á carreira profesional ou as melloras no eido do benestar emocional

12/02/2023 | 12:01 | C. de Facenda e Administración Pública; Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A Xunta estende a plataforma FIDES como a canle dixital especializada para a xestión do emprego público

Busca dotar a Administración autonómica dun sistema de xestión que dea soporte ao expediente dixital do empregado público, aos procesos de selección de persoal e de carreira profesional de modo integramente dixital