Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 187 novas da área temática Exterior:

22/06/2023 | 13:39 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Diego Calvo traslada á cónsul xeral de Brasil en Madrid o interese da Xunta por manter os lazos de irmandade e os vínculos de Galicia co país brasileiro

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes reuniuse esta mañá con Vera Cintia Álvarez co obxectivo de reforzar as relacións bilaterais entre ambos territorios

21/06/2023 | 14:29 | A Presidencia da Xunta; Secretaría Xeral de Emigración

Miranda agradece ás representantes da Sociedad Española de Beneficencia de Panamá o labor de apoio social e cultural desta entidade coa colectividade galega

O secretario xeral da Emigración interesouse tamén pola situación da comunidade galega neste país onde residen máis de 4.000 persoas de orixe galego

20/06/2023 | 11:21 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. do Mar

Galicia expón á Comisión Europea, a outras rexións e partes interesadas o seu ditame sobre o futuro da pesca

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, defendeu os obxectivos do informe, como a sustentabilidade do sector pesqueiro ou a revitalización das comunidades costeiras

13/06/2023 | 15:45 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta coñece os proxectos financiados pola cooperación galega en Guatemala

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo visitou os proxectos levados a cabo no país a través de ONGD como a Fundación Entreculturas Fe y Alegría, Solidariedade Internacional de Galicia e Arquitectura sen Fronteiras

01/06/2023 | 15:21 | A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
25/05/2023 | 15:46 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta defende a cohesión territorial de cara a próxima revisión do orzamento comunitario no pleno do comité das rexións

O Goberno galego fixo aportacións á elaboración de dous ditames sobre a revisión do actual marco financeiro plurianual da UE e sobre a necesidade dun marco lexislativo adecuado que garanta a sustentabilidade do sistema alimentario

23/05/2023 | 16:39 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta defende na asemblea de rexións do Arco Atlántico o corredor ferroviario e a creación dunha macrorrexión atlántica

A Asemblea xeral da Comisión do Arco Atlántico abordou os principais ámbitos de cooperación entre as rexións atlánticas europeas como o transporte, a transición verde e os asuntos marítimos