Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 367 novas da área temática Emerxencias:

13/03/2024 | 13:25 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia a formación en prevención e seguridade nunha nova edición de ‘Previsel’

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e a xerente do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), Adela Quinzá-Torroja participaron na inauguración do 17º Salón da Prevención e Seguridade Laboral 

12/03/2024 | 18:12 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña manteñen o compromiso co servizo comarcal de bombeiros de Santiago

Representantes de todas as administracións implicadas mantiveron hoxe unha xuntanza na que o concello compostelán se comprometeu a enviar a documentación técnica precisa para avanzar na tramitación de cara á sinatura ao longo deste ano do convenio de comarcalización

12/03/2024 | 13:48 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta e a Autoridade Portuaria da Coruña reforzan a colaboración en materia de emerxencias

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes en funcións, Diego Calvo, e o presidente da Autoridade Portuaria da Coruña, Martín Fernández Prado, asinaron hoxe o convenio entre ambos os entes 

09/03/2024 | 10:13 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Policía Autonómica prestou vixilancia e protección a 584 mulleres vítimas da violencia de xénero ao longo de 2023

As distintas xefaturas da unidade contan con 92 axentes que asumen as funcións en materia de protección de vítimas de violencia de xénero en coordinación coa Policía Nacional

07/03/2024 | 15:17 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aborda coa embaixada de Australia en España vías de colaboración en materia de seguridade e turismo

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e o xerente de Turismo de Galicia, Antonio Casas, recibiron a representantes da embaixada nun encontro no que se abordou a atención aos peregrinos procedentes do país australiano

07/03/2024 | 13:19 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa para mañá a alerta laranxa por temporal costeiro nos litorais da Coruña e de Pontevedra

O fenómeno adverso estará activo a partir da madrugada con ventos de forza 8 e ondas de ata 7 metros

06/03/2024 | 15:07 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O simulacro de incendios do edificio administrativo da Xunta de Campolongo mobiliza a bombeiros, policía local, protección civil e 061

Foron evacuadas preto de 500 persoas entre os traballadores do edificio e os cidadáns que acudiron esta mañá a realizar algún trámite