Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 211 novas da área temática Auga:

14/09/2023 | 13:11 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe dúas ofertas para a dixitalización do rexistro de captacións de augas na demarcación Galicia-Costa

Esta actuación suporá un investimento de preto de 6,8 M€ e permitirá á entidade hidráulica da Xunta dispor dunha potente Plataforma tecnolóxica de apoio nas tramitacións relacionadas coa xestión da auga

11/09/2023 | 13:47 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
11/09/2023 | 12:59 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta conclúe as obras destinadas a reducir o risco de inundacións na desembocadura do río Groba en Sabarís, Baiona, cun investimento de case 545.000 €

Ethel Vázquez subliña que a mellora da drenaxe no Camiño das Monxas e Camiño Pouquena, dótaos de maior capacidade de desaugue e deixa aos veciños mellor preparados fronte ao risco de enchentes

08/09/2023 | 14:38 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez destaca o esforzo da Xunta na mellora do sistema do saneamento municipal de Vilagarcía, con máis de 10 M€ de investimento para acabar cos vertidos ao río Con e á ría de Arousa

Vázquez Mourelle sinala que o obxectivo das obras, que rematarán na 1ª metade de 2025, é acadar un sistema de saneamento renovado e eficiente para rematar cos problemas de vertidos e inundacións en Vilagarcía de Arousa
 

06/09/2023 | 14:56 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta aposta polo plan da seca, a coordinación das administracións e a implicación dos cidadáns para mellorar a xestión da auga

Teresa Gutiérrez lembra que a xestión dos episodios de seca require da colaboración da Xunta, dos concellos, e dos usuarios da auga

05/09/2023 | 14:10 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta constata unha mellora no caudal do río Lérez tras as últimas chuvias rexistradas e a baixada do consumo logo das vacacións do verán

A pesar desta lixeira mellora, continúa activa a situación de prealerta por escaseza, pois a recuperación dos ríos non é inmediata e aínda non se ten acadado a normalidade
 

31/08/2023 | 16:22 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Trenor destaca o investimento de máis de 1,1 M€ para mellorar as redes de saneamento do concello de Coirós

Gonzalo Trenor e Francisco Quintela supervisaron as obras que a Xunta de Galicia está realizando neste municipio para dotar do servizo de saneamento municipal ao núcleo da Anta

31/08/2023 | 12:55 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 4 ofertas para a explotación do servizo de xestión do sistema de depuración das augas superficiais na autovía Ferrol-Vilalba ao paso polo concello das Pontes

Trátase da explotación das instalacións de tratamento físico-químico para a corrección da acidez das augas no tramo da autovía á altura de Mariñadela e da decantación e separación dos lodos, de modo que se garanta o pH normal no medio

30/08/2023 | 12:59 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia a mellora de locais, equipamento e traídas de auga de máis de 300 entidades a través do Plan específico de acción comunitaria

O vicepresidente primeiro da Xunta visitou na Estrada as asociacións veciñais Amigos do Castro de Barbude e San Lois de Orazo, beneficiarias da convocatoria de 2022