Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 15.655 novas da área temática Áreas temáticas:

21/08/2024 | 09:58 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta convoca 24 cursos de formación continua para o persoal dos servizos de emerxencias

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria, enmarcada no plan de formación continua da Academia Galega de Seguridade Pública e que suma 572 prazas

20/08/2024 | 19:22 | C. do Medio Rural

Activo un incendio forestal no concello ourensán de San Cristovo de Cea, parroquia de Oseira

O lume iniciouse ás 16,24 horas de hoxe e segundo as primeiras estimacións afecta unha superficie de 20 hectáreas

20/08/2024 | 16:30 | C. do Medio Rural; A Presidencia da Xunta

A Xunta mellorará a pavimentación de varios camiños nas parroquias de Vilariño e Castrelo, en Cambados

O delegado territorial visitou os resultados das obras levadas a cabo grazas ao Plan Marco 2023-2024 e anunciou as actuacións que serán posibles grazas á convocatoria deste ano

20/08/2024 | 16:22 | C. de Economía e Industria

A Xunta reafirma o seu compromiso coa recuperación e a posta en valor do patrimonio mineiro galego

O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, visitou hoxe o histórico túnel de Confurco en Ponteareas que pretendía conectar Vigo e Mondariz

20/08/2024 | 14:11 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos anuncia que a Xunta terá lista despois do verán a orde de creación da Rede Adival de dinamización da cultura no rural

Destaca que se trata dunha “potente ferramenta” que terá un “importante impacto” para “favorecer o acceso universal á cultura”

20/08/2024 | 13:57 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta pon en valor a estación de calidade do aire de Santiago no Campus Sur como unha das instalacións urbanas de referencia para a rede autonómica

Na actualidade Galicia conta cun total de 47 instalacións dedicadas a medir e rexistrar a contaminación en aire ambiente, o que a consolida como unha das comunidades españolas cun dos dispositivos mellores e máis completos

20/08/2024 | 13:17 | C. de Economía e Industria

A Xunta visita as futuras obras de mellora da EDAR do polígono industrial de Camporrapado en Boqueixón

O secretario xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, Nicolás Vázquez, visitou hoxe o parque industrial deste concello coruñés

20/08/2024 | 12:51 | Axencia de Turismo de Galicia

Merelles pon en valor a gran capacidade dos eventos deportivos como xeradores de fluxos turísticos

O director de Turismo de Galicia participou esta mañá na presentación do IV Open Internacional de Galicia de Pitch&Putt, que se celebrará en Santiago na fin de semana

20/08/2024 | 12:30 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta anima aos colexios galegos a inscribirse na próxima edición do programa Mestres Gandeiros, no que participaron xa máis de 2.200 escolares desde 2022

O prazo de solicitude está aberto ata o 27 de setembro e o obxectivo é transmitir ao alumnado a cultura do coidado da natureza e da paisaxe, incidindo no papel de agricultores e gandeiros na protección do medio ambiente grazas ao seu labor diario