Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.291 novas da área temática Sanidade:

22/04/2023 | 13:27 | C. de Sanidade

A Xunta agradece aos pediatras de Atención Primaria o seu labor de difusión do novo calendario vacinal

A difusión ás familias da introdución de novas vacinas contra a meninxite, o virus do papiloma humano ou a gripe, permite acadar altas taxas de cobertura entre a poboación infantil

21/04/2023 | 14:08 | C. de Sanidade

Os institutos de investigación sanitaria de Galicia reciben a insignia de ouro de Asomega

O conselleiro de Sanidade salienta que o Instituto de Investigación Biomédica da Coruña, o Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago e o Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur forman parte da rede de centros acreditados polo Instituto de Saúde Carlos III, atopándose Galicia entre as comunidades con maior número de institutos autorizados

21/04/2023 | 13:44 | C. de Sanidade

O Sergas publica a baremación provisional do persoal de enfermería que participa no proceso de concurso de méritos

Publícase a baremación provisional da categoría de enfermeiro e a relación provisional de admitidos/excluídos en todas as categorías convocadas no proceso selectivo de estabilización por concurso de méritos

21/04/2023 | 12:35 | C. de Sanidade

A Xunta asina por unanimidade cos cinco sindicatos da Mesa Sectorial de Sanidade o acordo máis importante dos últimos anos xunto coa carreira profesional

Este acordo está dirixido a máis de 40 mil profesionais e de todas as categorías que prestan servizos na sanidade pública galega

21/04/2023 | 12:03 | A Presidencia da Xunta

Segunda xornada da II Feira da Saúde organizada pola Asociación de médicos galegos en Madrid (Asomega)

O Camiño como reto de superación e contorna onde compartir vivencias entre colectivos de enfermos, protagonista na segunda xornada deste evento

21/04/2023 | 11:23 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 1.033 casos activos por coronavirus

Un total de 693.301 pacientes xa están curados

20/04/2023 | 20:36 | A Presidencia da Xunta; C. de Sanidade

Rueda resalta o labor dos investigadores e da sanidade pública galega na prevención e na loita contra o cancro

Salienta a traxectoria e o prestixio de Marisol Soengas, galardoada co premio internacional, e de Juan Ruiz-Bañobre, que recolleu o destinado aos talentos emerxentes, así como o compromiso de Ramiro Carregal coa investigación oncolóxica

20/04/2023 | 12:12 | A Presidencia da Xunta; C. de Sanidade

A Casa de Galicia en Madrid acolle a II Feira da Saúde organizada pola Asociación de Médicos Galegos en Madrid (Asomega)

Cinco expertos abordaron na primeira sesión o punto no que se atopa a investigación e tratamento oncolóxicos.

20/04/2023 | 10:23 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 987 casos activos por coronavirus

Un total de 693.269 pacientes xa están curados

19/04/2023 | 14:33 | C. de Sanidade

A Xunta publica a oferta de emprego dotada con 423 prazas de difícil cobertura no Sergas

Os postos de difícil cobertura afectan aos ámbitos dos hospitais comarcais, a atención primaria e a saúde mental