Actualidade
Buscador de novas
A Xunta inicia os traballos para restaurar a entrada monumental ao xacemento de Penas do Castelo, na Pobra do Brollón
As últimas campañas, que suman 50.800 euros de investimento, modificaron por completo a visión do conxunto e descubriron que estivo habitado desde a Idade do Ferro
O festival Galicia Ilusiona chega este sábado a Vigo coa súa maxia itinerante como adianto da gala que percorrerá as grandes cidades galegas
A delegada territorial da Xunta destaca a iniciativa que ten como obxectivo levar e encher de ilusión toda a comunidade como reclamo turístico
O festival Maré reúne máis de 25 bandas e artistas de oito países para converter Santiago na capital da música atlántica co apoio da Xunta
Os directores da Axencia Galega das Industrias Culturais e de Turismo de Galicia participan na presentación do evento, que esta semana ofrecerá as actuacións de Amancio Prada, Abraham Cupeiro, Maro, Bia Ferreira, Don Letts ou Fetén Fetén
Galicreques celebrará en outubro unha das edicións máis amplas da súa historia ao programar 60 funcións co apoio da Xunta
O director da Axencia Galega das Industrias Culturais participa na presentación da mostra que terá lugar en Santiago de Compostela entre o 7 e 15 de outubro cun cartel formado por unha trintena de compañías
Chega a Ribeira a exposición Orgullo da nosa lingua, que reforza a promoción do galego entre a poboación
Tras o seu paso por Arteixo, poderá visitarse ata este domingo na praza do Concello da localidade barbanzá de forma libre ou con guía
Román Rodríguez visita o equipo de "Operación Marea Negra" na recta final da rodaxe na Coruña da súa terceira e última temporada
O conselleiro asiste á filmación na antiga Fábrica de Armas coruñesa de varias das escenas desta coprodución galego portuguesa para Prime Video
O Salón Teatro acollerá dúas estreas escénicas e un encontro do proxecto Phone nunha carteleira con 17 eventos ata final de ano
As coproducións do Centro Dramático Galego ‘Run Baby Run’ e ‘Bailar no ceo’ terán as súas primeiras representacións en outubro