Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 107 novas da área temática Maiores:

17/11/2023 | 12:09 | C. de Política Social e Igualdade

Aberto o prazo para participar no programa Xuntos polo Nadal dirixido a persoas maiores que pasan soas estas datas

Ofrécense 270 prazas repartidas entre as Residencias de Tempo Libre do Carballiño e de Panxón, en Nigrán, nas que se inclúe estadías en réxime de pensión completa e un amplo programa de actividades adaptadas a todos os gustos

15/11/2023 | 13:37 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García sinala que máis de 1200 maiores desfrutan da novena edición do programa Benestar en Balnearios por toda Galicia

Este programa ofrece descontos ás persoas maiores para acudir a balnearios da nosa Comunidade durante os meses de outubro, novembro e decembro

11/11/2023 | 10:08 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García traslada ao alcalde da Veiga o reforzo da atención aos maiores e ás familias nos orzamentos da Xunta para 2024

Os 1.205 millóns de euros que recollen as novas contas da Consellería para o vindeiro ano, un 12% máis que o presuposto vixente, permitirán avanzar na universalización dos coidados das persoas con dependencia e consolidar a gratuidade en toda as escolas infantís

09/11/2023 | 10:44 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García aborda co alcalde de Ponteceso a mellora dos servizos de atención ás persoas maiores

Estudiouse a posibilidade de dotar á localidade dunha ou dúas casas do maior, servizos de atención diúrna gratuítos nos que os maiores reciben coidados personalizados e que son financiados pola Xunta

06/11/2023 | 18:49 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García pon en valor as medidas impulsadas polo Goberno galego para converter Galicia no mellor lugar para facerse maior

Destacou todas as medidas impulsadas pola Xunta para que as persoas maiores teñan liberdade de decidir onde vivir esta etapa das súas vidas e contar con medidas adaptadas as súas necesidades e preferencias

27/10/2023 | 16:19 | C. de Política Social e Igualdade
25/10/2023 | 16:10 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García destaca que o novo decreto de dependencia reducirá os tempos de espera na atención

Asegurou que esta é a reforma máis ambiciosa desde a aprobación no ano 2006 da Lei estatal neste ámbito

25/10/2023 | 12:20 | A Presidencia da Xunta; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Rueda anuncia que a partir de xaneiro as persoas maiores de 65 anos poderán viaxar de balde no transporte público da Xunta

Destaca que medidas como estas demostran que os Orzamentos de 2024 son útiles e procuran “solucionar os problemas da xente”, á vez que ratifican que o Goberno galego “segue a apoiar as persoas maiores”

24/10/2023 | 13:07 | C. de Política Social e Igualdade; A Presidencia da Xunta

Rueda destaca que Galicia contará con sete das mellores residencias de maiores do mundo grazas á colaboración entre a Xunta e a Fundación Amancio Ortega

A FAO entrega chave en man á Xunta a residencia en Compostela, de 120 prazas, para a súa incorporación á rede pública autonómica, tras una inversión de 25 millóns de euros na construción e equipamento do centro