Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 154 novas da área temática Portos:

23/08/2023 | 15:04 | C. do Mar

A Xunta destaca o labor da Autoridade Portuaria da Coruña a prol de achegar os peiraos á cidadanía e mostrar a súa importancia socioeconómica

Alfonso Villares enxalzou a dimensión internacional do peirao herculino, que é un dos grandes centros loxísticos do Atlántico e líder do noroeste peninsular en tráfico de cruceiros

03/08/2023 | 19:38 | C. do Mar

A Xunta apoia con máis de 1,5 M€ un total de 85 proxectos de eficiencia enerxética e melloras a bordo dos buques pesqueiros

O Executivo galego destina estas achegas a mellorar a hixiene, a saúde, a seguridade e as condicións de traballo dos profesionais embarcados, así como á eficiencia no consumo de combustibles para mitigar o cambio climático mediante medidas como o cambio de motores, entre outros aspectos

03/08/2023 | 09:01 | C. do Mar

A Xunta ultima a estratexia para salvagardar e poñer en valor o conxunto do patrimonio marítimo galego

O titular de Mar sinala que está en fase moi avanzada o Plan da Cultura Marítima de Galicia Horizonte 2030, composto por un centenar de medidas

20/07/2023 | 14:59 | C. do Mar

A Xunta impulsa a divulgación do patrimonio marítimo e a educación azul coa xira do buque Atyla por distintos portos galegos

A embarcación escola percorrerá entre o 26 de xullo e o 21 de agosto os peiraos de Vigo, Combarro, Sada, Viveiro, Corcubión e Muros, onde poderá visitarse de balde

12/07/2023 | 11:57 | A Presidencia da Xunta; C. do Mar

Rueda destaca o labor da Autoridade Portuaria de Vigo para construír a cidade do futuro e consolidar este porto como un referente a nivel internacional

Amosa a plena disposición da Administración autonómica para colaborar á hora de impulsar a súa competitividade e capacidade loxística e reclamar os compromisos en materia de infraestruturas co peirao e a súa área de influencia

07/07/2023 | 19:53 | A Presidencia da Xunta; C. do Mar

Rueda destaca a Carlos Botana como o perfil ideal para impulsar a competitividade e a capacidade loxística do porto de Vigo

Subliña o amplo coñecemento da institución por parte do novo presidente da Autoridade Portuaria, o seu carácter dialogante e a aposta por “buscar consensos”