Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 187 novas da área temática Exterior:

09/07/2023 | 11:07 | C. de Economía e Industria

Galicia reforza as relacións comerciais con China cun novo acordo coa Cámara de Comercio e Industria do país asiático

Asinado no transcurso dunha viaxe a China levada a cabo estes días por representantes do Igape, dá continuidade ao impulsado no 2018, que fixo de Galicia a primeira Comunidade autónoma en contar cun memorando destas características cunha das cámaras de comercio máis importantes do país que agrupa máis de 10.000 empresas

28/06/2023 | 21:31 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta pon en valor a importancia do papel dos medios de comunicación para crear a imaxe da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal

O vicepresidente primeiro da Xunta participou hoxe nun encontro previo ao “1º Seminario de directores e editores de medios de comunicación social da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal” que mañá acollerá en Matosinhos a medio cento de representantes de medios de ambos lados da “raia”

28/06/2023 | 15:42 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta presenta ao padroado da Fundación Galicia Europa as súas prioridades de cara á presidencia española do Consello da Unión Europea

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, presidiu a reunión do padroado da Fundación Galicia Europa para repasar as actividades en 2022

27/06/2023 | 09:16 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
26/06/2023 | 10:10 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta abre a convocatoria de axudas a microproxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde, dotada con 90.000 euros, dirixida a ONGD e aos outros axentes sociais ou entidades que teñan entre os seus fins a realización de actividades de cooperación para o desenvolvemento

25/06/2023 | 18:10 | Secretaría Xeral de Emigración

Emigración celebra cos galegos do Reino Unido o Día de Galicia no Instituto Cañada Blanch

O secretario xeral deste departamento autonómico, Antonio Rodríguez Miranda, destacou a labor da colectividade galega neste país en prol de manter a nosa cultura entre as novas xeracións

23/06/2023 | 15:03 | A Presidencia da Xunta; Secretaría Xeral de Emigración

A Xunta abre a convocatoria de Conecta Voluntariado Galicia, un programa destinado a achegar a nosa terra aos mozos galegos do exterior

O DOG publica hoxe a convocatoria desta iniciativa para persoas galegas que residan no exterior de entre 21 e 30 anos

23/06/2023 | 13:38 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta clausura a décimo oitava edición do curso en financiamento comunitario ‘TecEuropa’

Desenvolvida en formato virtual, acolleu 85 participantes que afondaron nas oportunidades que lles ofrece a Unión Europea ás entidades galegas