Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.690 novas da área temática Cultura:

03/07/2024 | 15:21 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

O Diario Oficial de Galicia publica a incoación da Rapa das Bestas como Ben de Interese Cultural Inmaterial

A Xunta de Galicia inicia así os trámites deste proceso, o que supón a salvagarda desta manifestación cultural de valor etnolóxico senlleiro

03/07/2024 | 15:11 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos enxalza a figura dun Castelao “sempre presente na Galicia que hoxe coñecemos”

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude participa no Parlamento na presentación da reedición de ‘Estatuto de Galiza. Antecedentes e comentarios’, obra publicada polo intelectual galego en Bos Aires en 1948 e que conta neste caso cun estudo engadido

02/07/2024 | 17:03 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos sostén que o éxito da Lei de Cultura inclusiva reside na “implicación de todos os axentes”

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude afirmou, durante unha reunión co sector celebrada en Ourense, que a normativa “suporá un antes e un despois na creación de cultura e acceso á mesma”

02/07/2024 | 14:06 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Rede de bibliotecas coordinada pola Xunta contará con 1.500 exemplares do libro do centenario do Celta de Vigo

Os volumes de ‘100 anos de afouteza e corazón’ doados polo club recollen a súa historia e tradición da man de coñecidos celtistas como Carlangas ou Alicia Barreiro

02/07/2024 | 13:33 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

O rapeiro canario Lucho RK e a fusión de músicas do mundo da banda galega de Ninghures abren esta semana o ciclo de concertos de ‘Atardecer no Gaiás’

As actuacións, con acceso libre e gratuíto, serán este xoves 4 e venres 5 de xullo ás 21 horas na Praza central da Cidade da Cultura

02/07/2024 | 10:02 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos salienta o “enriquecemento cultural” que supón o programa de intercambio con outras comunidades para a mocidade galega

O conselleiro destaca o “valor diferencial e engadido” destas actividades, que gozarán este verán máis de 300 rapaces e rapazas no País Vasco, Castela e León, Estremadura, A Rioxa, Madrid, Cantabria e Castela-A Mancha

01/07/2024 | 15:55 | Axencia de Turismo de Galicia

O Camiño de Santiago renova a súa condición de Primeiro Itinerario Cultural Europeo

A Federación Europea do Camiño de Santiago vén de notificar á Xunta de Galicia esta certificación que avala o traballo do Goberno autonómico para manter esta condición

01/07/2024 | 15:42 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos celebra o inicio dun “verán de aventuras e convivencia“ nos campamentos da Xunta

Resalta “a gran calidade das actividades” da programación estival do Goberno galego á que se refire como “un referente no Estado”

01/07/2024 | 14:49 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Anxo M. Lorenzo agradece a implicación do sector na Feira do Libro de Vigo

O director xeral de Cultura participa na inauguración da sétima parada do circuíto impulsado pola Xunta e a Federación de Librarías de Galicia