Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 142 novas da área temática Cooperación:

01/12/2023 | 14:55 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Galicia reivindica o papel das rexións na estratexia europea de cooperación internacional

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou na clausura da oitava edición do foro internacional sobre a materia, que reuniu en Bruxelas máis de 300 representantes de municipios e rexións da UE e do Sur Global durante tres días

27/11/2023 | 14:26 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o Norte de Portugal impulsarán un novo proxecto de cooperación transfronteiriza para garantir a protección do Parque Natural Gêres- Xurés

Do Campo incide no obxectivo común de establecer mecanismos de coordinación, que permitan intercambios de experiencias, información e documentación que permitan o desenvolvemento de proxectos conxuntos

16/11/2023 | 16:32 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
15/11/2023 | 13:15 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca o valor engadido da cooperación descentralizada

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE participou en Cádiz no Encontro de Comunidades Autónomas e Cooperación ao Desenvolvemento, que se enmarca no programa oficial da presidencia española da UE

09/11/2023 | 13:29 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A delegada da Xunta anima á cidadanía viguesa a doar regalos para a campaña solidaria ‘Cada neno un xoguete’

Ana Ortiz participou este xoves na presentación da iniciativa solidaria que xa repartiu 16.000 xogos entre os pequenos vigueses o pasado ano

07/11/2023 | 15:37 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado territorial supervisa distintas actuacións no concello de Cenlle ás que a Xunta destina máis de 66.000 euros

O concello de Cenlle recibiu un vehículo de servicios múltiples a través dunha axuda de 29.000 euros do Fondo Adicional de Cooperación Local

04/11/2023 | 14:06 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta mantén o compromiso co movemento veciñal con 3M€ en 2024 para axudas ás entidades que o representan

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes participou na entrega dos X edición dos premios ‘Crer no movemento veciñal’ da Confederación Galega de Asociacións Veciñais ‘Rosalía de Castro’ (Cogave)

03/11/2023 | 12:08 | A Presidencia da Xunta; Axencia de Turismo de Galicia; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Rueda destaca os lazos entre Galicia e Wakayama e comprométese a reforzar os máis de 25 anos de colaboración existentes con esta rexión xaponesa

O pulo á promoción turística, vencellada cos camiños de Santiago e Kumano Kodo, e aos intercambios xuvenís entre ambas rexións foron abordados neste encontro