Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 325 novas da área temática Transporte:

21/08/2024 | 13:26 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta convoca en setembro e outubro aos titulares dos terreos para a mellora de 43 paradas de autobús en estradas autonómicas en Nigrán, que suporá un investimento de máis de 1M€

Os titulares dos terreos deberán acudir o 10 e 11 de setembro, de 9 a 14 horas, ao Concello de Nigrán, para proceder ao levantamento das actas previas á ocupación; e o 15 e 16 de outubro, no mesmo lugar e horario, para a formalización das actas

13/08/2024 | 10:02 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reforzará as frecuencias de autobús durante as festas da Laracha e da parroquia de Bértoa de Carballo

Os reforzos levaranse a cabo nos servizos de última hora nas saídas desde A Coruña e Carballo e adicionais a primeira hora do día seguinte a estes dous destinos  

12/08/2024 | 09:41 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta amplía o servizo entre o IES Eduardo Pondal de Ponteceso ata Laxe e Carballo

Facilítase o acceso en transporte público ao alumnado das ensinanzas non obrigatorias do centro, como os novos ciclos de Formación Profesional que se implantan o próximo curso

07/08/2024 | 15:38 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por máis de 1,1 M€ as obras da mellora do firme en dúas estradas autonómicas da provincia de Lugo ao seu paso por Monterroso, Taboada e Palas de Rei

O contrato asinarase nos vindeiros días, e previsiblemente, a execución das obras comezará a principios do mes de setembro

07/08/2024 | 15:31 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta instala unha marquesiña para facilitar a mobilidade no rural do concello de Curtis

A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, explicou na visita ao municipio que a actuación busca mellorar a seguridade viaria na estrada AC-231 e o fomento do transporte público

02/08/2024 | 12:19 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta lembra ao concello de Sada que a conexión coa Coruña conta con 92 servizos diarios a través dos corredores norte, central e sur

A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, lembrou ao rexedor sadense que a reestruturación levada a cabo no corredor A Coruña-Mera-Sada para incorporar novas frecuencias e eliminar duplicidades só supuxo cambios en 11 servizos en horario de menor afluencia

30/07/2024 | 17:43 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aborda coa empresa Alsa a importancia dun transporte público sostible e adaptado ás necesidades da poboación

A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, reuniuse co director xeral de Alsa España, Víctor López

30/07/2024 | 13:54 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta informa do Plan de Transporte Público de Galicia á Generalitat Valenciana, interesada na súa implantación e desenvolvemento

A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, reuniuse co seu homólogo en Valencia, o director xeral de Transportes e Loxística, Manuel Ríos

30/07/2024 | 11:24 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta habilita catro servizos directos de autobús co obxectivo de facilitar os desprazamentos a ‘Equiocio Ferrol 2024’

Crearase unha liña con catro expedicións, dúas de ida e dúas de volta, que funcionarán de xeito diario nos días do certame, do 1 ao 4 de agosto

23/07/2024 | 14:13 | A Presidencia da Xunta

A Xunta pon en servizo o novo aparcadoiro disuasorio de Ferrol con 87 prazas de estacionamento

O orzamento desta actuación, coa que o Goberno autonómico segue a apostar por unha mobilidade máis sostible, elevouse a 781.500 euros