Actualidade
Buscador de novas
A Xunta adxudica por máis de 5,7 millóns de euros a execución das obras da senda que unirá Pontevedra con Marín
Esta intervención no treito Mollavao-Praceres permitirá executar 3,5 quilómetros de itinerario pola marxe dereita da PO-546, que se complementará cun aparcadoiro, un miradoiro e un parque infantil
A Xunta comezará a vindeira semana traballos de limpeza nas marxes de tres estradas autonómicas nas provincias da Coruña, Lugo e Ourense
Iniciaranse traballos de roza nas autovía Ferrol-Vilalba, na Coruña; e nas estradas LU-533, ao paso polo concellos de Chantada e O Saviñao; e na OU-402, en Castrelo de Miño
A Xunta comeza as obras para a construción dun novo aparcadoiro de 19 prazas nun treito en desuso da estrada PO-400, no concello de Arbo
Os traballos foron contratados por máis de 48.000 € e avanzan a bo ritmo
A Xunta destaca o acordo co concello e Zona Franca para desbloquear a urbanización da ETEA en Vigo
A Administración autonómica remitirá nos vindeiros días o proxecto de urbanización á Zona Franca, que se comprometeu a enviar o borrador do convenio para abordar o mesmo
A Xunta convocará un concurso de ideas para o desenvolvemento do entorno do Pazo de Dona Urraca
Coa compra hoxe do edificio número 19 da Rúa Miño, a Administración autonómica completa a mazá da Unidade de Intervención 8 na que se sitúa o Pazo de Dona Urraca, e inicia as actuacións para abordar o desenvolvemento urbanístico deste espazo a través dun Plan Especial
A Xunta licita as obras de urbanización do polígono 2 de San Paio de Navia cun investimento de máis de 16 millóns
A delegada territorial en Vigo, Ana Ortiz, visitou este xoves o segundo polígono do barrio vigués onde construiranse un total de 719 vivendas protexidas
A Xunta destina preto de 100.000 euros á renovación e mellora dos equipamentos culturais de 7 concellos da provincia de Ourense
Manuel Pardo explicou que na liña de axudas para equipamento e mellora de instalacións culturais, na provincia de Ourense foron beneficiados, ademais de Entrimo, os concellos de Taboadela, O Carballiño, Bande, Cartelle, Baños de Molgas e A Pobra de Trives
A Xunta destinará máis de 40.000 euros a mellorar o tellado da escola infantil pública autonómica de Vite
O Goberno galego inviste 3 millóns de euros para realizar obras en centros de toda Galicia durante o verán
A Xunta inviste máis de 1,4 millóns de euros na rehabilitación de 9,3 quilómetros do firme da PO-254 que afecta a Ponteareas, Mondariz e Mondariz-Balneario
Os traballos incluíron a substitución da sinalización vertical
A Xunta inviste preto de 50.000 euros na construcción dunha senda peonil na avenida da Ponte de Catoira
O novo itinerario conta con 120 metros de largo e un ancho de 2,8 metros nas zonas máis amplas e 2 metros nas máis estreitas