Actualidade
Buscador de novas
A Xunta financia con 550.000 euros oito proxectos de acción humanitaria no exterior
A Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE vén de publicar a resolución coas axudas a seis organizacións non gobernamentais
Lorenzana destaca o crecente posicionamento das empresas galegas no mercado alemán, con 350 xa implantadas no país
Son firmas de sectores tan diversos como o téxtil, o agroalimentario, o sector da maquinaria, as TIC, o farmacéutico, os servizos bancarios ou de consultaría
A Xunta visita en Bolivia os proxectos financiados a través da Cooperación Galega en Charagua e a Chiquitanía
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE visitou as actuacións de cooperación para o desenvolvemento executadas pola Fundación Entreculturas Fe e Alegría en agrupación coa Fundación Taller de Solidariedade e por Médicos do Mundo
Rueda reúnese coa embaixadora de Alemaña para impulsar as relacións económicas e turísticas
Nos últimos anos incrementáronse o volume de exportacións, importacións e tamén a cifra de viaxeiros
Os galegos de orixe ou ascendencia que residan no estranxeiro e visiten Galicia xa poden acceder á tarxeta sanitaria dixital da Xunta
A tarxeta Galicia Saúde Exterior Virtual pode descargarse a través da app Sergas Móbil
O mercado de música entre Galicia e Portugal avanza as 12 propostas artísticas que se presentarán en setembro co apoio da Xunta
O programa de showcases mostrará os directos de seis artistas e bandas galegas e cinco portuguesas a responsables de programación dos dous países
Galicia e as rexións europeas debaten sobre o impacto da futura ampliación da UE na política rexional
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE participou no último encontro da comisión CIVEX do Comité Europeo das Rexións, celebrado na capital de Lituania
A Xunta apoia a mobilidade dos universitarios galegos dentro e fóra da Unión Europea e a súa participación en cursos de idiomas no estranxeiro
Ata o 22 de xullo pódense solicitar axudas de entre 1.700€ e 2.500€ para participar o vindeiro curso en programas de mobilidade con países extracomunitarios
A Xunta pon en valor a importancia da cooperación transfronteiriza entre Galicia e o Norte de Portugal
O director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Jesús Gamallo, defendeu o traballo da Agrupación Europea de Cooperación Territorial da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal en ámbitos como a xestión dos proxectos do programa POCTEP
A nova convocatoria do programa de bolseiros especializa en comercio exterior a mozas e mozos facilitando ás pemes galegas a busca de novos mercados internacionais
O Diario Oficial de Galicia publica as bases dunha iniciativa dirixida a estudantes con titulacións universitarias de grao superior, que poderán formarse en diferentes destinos mundiais mellorando a súa empregabilidade e potenciando a competitividade do tecido produtivo galego