Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 561 novas da área temática Deporte:

20/07/2024 | 13:54 | Secretaría Xeral para o Deporte ; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta demanda máis diálogo por parte do concello e implicación do Goberno central no proxecto da Coruña como sede do Mundial de fútbol

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes participou no acto de presentación da candidatura elixida, onde reafirmou a vontade de colaboración do Goberno galego

18/07/2024 | 17:31 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Lete anima ao milleiro de rapaces do campionato de España Sprint Infantil e Cadete a que sigan o exemplo dos once padexeiros olímpicos galegos de París

En tres das catro clasificacións -masculina infantil, feminina infantil e masculina cadete- lidera un equipo galego, o Club de Mar Ría de Aldán, mentres que na clasificación feminina cadete, o Escola Piragüismo Cidade de Pontevedra transita pola segunda posición, polo que aposta por un pleno de vitorias galegas

17/07/2024 | 18:25 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Lete destaca a Semana Internacional de Danza Urbana de Dance Academy como un dos eventos de baile deportivo máis importantes de España e Europa

Lembra que este ano o break dance será deporte olímpico en París, polo que estas actividades serán paralelas ao debut do baile deportivo no programa dos Xogos

17/07/2024 | 18:24 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Secretaría Xeral para o Deporte

Lete salienta a importancia do deporte para todos na visita ao Club Náutico Inclusivo Baixo Miño que recibiu unha cadeira anfibia grazas a unha subvención da Xunta

Lembra que nas próximas datas sairá a lista definitiva dos galegos e galegas que competirán nos Xogos Paralímpicos e sinala que, ao igual que no caso dos olímpicos, Galicia agarda acadar un novo récord de participación

17/07/2024 | 18:15 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora co Club de Remo de Ares na adquisición dun esquife adaptado

A entidade beneficiouse da liña de axudas da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes para equipamento deportivo adaptado 

16/07/2024 | 17:32 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Lete Lasa destaca ao Club Deportivo Ximnasia Rítmica Compostela como unha “referencia nacional” na súa visita ás instalacións de Pontepedriña

Destaca que as licencias federativas de ximnasia triplicáronse dende 2009 ata chegar ás preto de 6.000 coas que contamos hoxe

11/07/2024 | 17:24 | Secretaría Xeral para o Deporte ; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Lete Lasa presenta unha nova edición da Vigo Battle of Teams que buscará ao equipo máis en forma de Galicia, España e parte de Europa

Salienta as “bondades dunha disciplina tan completa que mestura unha cantidade tan ampla de exercicios de halterofilia, ximnasia, calistenia, así como carreiras ou natación”

11/07/2024 | 13:47 | Axencia de Turismo de Galicia; A Presidencia da Xunta

Manuel Pardo subliña a estreita vinculación do deporte e o turismo na provincia de Ourense

O delegado territorial recalcou a intención de consolidar a nosa provincia como un destino ambiental, social e economicamente sostible procurando a responsabilidade de todos os axentes no desenvolvemento equilibrado e a longo prazo