Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 142 novas da área temática Cooperación:

22/07/2024 | 14:15 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta pídelle ao Goberno central que convoque unha Conferencia de Presidentes e a declaración da emerxencia migratoria

O Executivo galego amosou a súa solidariedade coas persoas migrantes, pero reivindicou a necesidade dunha maior planificación 

22/07/2024 | 10:44 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta concerta once prazas para persoas sen fogar no centro de acollida e inclusión Padre Rubinos da Coruña

O Diario Oficial de Galicia (DOG) de hoxe recolle a resolución do concerto social convocado para a prestación deste servizo

19/07/2024 | 10:38 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta financia con 550.000 euros oito proxectos de acción humanitaria no exterior

A Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE vén de publicar a resolución coas axudas a seis organizacións non gobernamentais

17/07/2024 | 14:46 | A Presidencia da Xunta

Alfonso Rueda e José Tomé acordan impulsar a colaboración en infraestruturas, servizos sociais, emerxencias e turismo

O presidente da Xunta solicítalle formar unha fronte común para demandar unhas conexións máis eficientes para a provincia

16/07/2024 | 13:05 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta visita en Bolivia os proxectos financiados a través da Cooperación Galega en Charagua e a Chiquitanía

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE visitou as actuacións de cooperación para o desenvolvemento executadas pola Fundación Entreculturas Fe e Alegría en agrupación coa Fundación Taller de Solidariedade e por Médicos do Mundo

16/07/2024 | 09:53 | C. de Sanidade

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue leva a campaña “Somos Olímpicos” ata Allariz

Este municipio foi un dos de máis elevada participación da provincia de Ourense no pasado ano 2023, con 48 doazóns por cada 1.000 habitantes e ano

13/07/2024 | 12:58 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta participa na décima edición do Camiño da Diversidade da Fundación Ingada

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, acompañou aos participantes na saída da andaina

12/07/2024 | 13:24 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta visita os proxectos financiados pola cooperación galega en Bolivia

O director xeral está a coñecer de primeira man os proxectos desenvolvidos no país a través de entidades como UNICEF, Fundación Humanitaria dos Rotarios Españois, Fundación Entreculturas Fe e Alegría, Fundación Taller de Solidariedade e Médicos do Mundo