Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 217 novas da área temática Conservación da natureza:

24/08/2024 | 13:46 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. do Medio Rural

A Xunta promove un ‘Festival da Luz’ sostible ao tempo que pon en valor a excelencia do patrimonio natural de Galicia

Paula Uría destaca as accións dirixidas á cativada para dar a coñecer os espazos naturais da comunidade e a súa diversidade así como outras para o público xeral de concienciación medioambiental como os espazos de recarga de vehículos e outros dispositivos eléctricos ou os contedores para a recollida selectiva de residuos

23/08/2024 | 10:24 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude; A Presidencia da Xunta

A Xunta pon en marcha unha nova fase de escavación no xacemento arqueolóxico de Proendos

Os traballos contan cun investimento de 17.800€ e prolongaranse durante dez días

22/08/2024 | 12:57 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta encarga por 51.000 € o deseño e elaboración de material divulgativo para protexer os valores da Rede de parques naturais de Galicia

O obxectivo é sensibilizar aos visitantes sobre a riqueza e a biodiversidade destes espazos na busca dun equilibrio entre o uso público e a súa imprescindible conservación

20/08/2024 | 12:30 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta anima aos colexios galegos a inscribirse na próxima edición do programa Mestres Gandeiros, no que participaron xa máis de 2.200 escolares desde 2022

O prazo de solicitude está aberto ata o 27 de setembro e o obxectivo é transmitir ao alumnado a cultura do coidado da natureza e da paisaxe, incidindo no papel de agricultores e gandeiros na protección do medio ambiente grazas ao seu labor diario

19/08/2024 | 13:20 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta adxudica por preto de 22.000 euros o estudo da distribución e abundancia en Galicia do sapoconcho común, unha especie en perigo de extinción

O contrato, cofinanciado con fondos europeos do Programa Galicia Feder 2021-2027, permitirá actualizar a información dispoñible sobre as poboacións desta especie en distintas zonas das provincias da Coruña, Ourense e Pontevedra

18/08/2024 | 12:33 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta destina preto de 250.000 € á instalación de carteis informativos en parques naturais e hábitats da píllara das dunas para protexer a súa biodiversidade

A Dirección Xeral de Patrimonio Natural sacou a licitación un contrato para sensibilizar á cidadanía sobre os ecosistemas existentes en catro desas zonas protexidas e outro para advertir da presenza destas aves ou dos seus niños nas áreas nas que están presentes

15/08/2024 | 12:18 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

O gaivotón consolida a súa presenza no Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia ao duplicar a súa poboación desde 2018

O último censo da especie indica que hai catro parellas vivindo neste espazo protexido, fronte ás dúas contabilizadas cinco anos atrás, o que certifica o asentamento dunha ave mariña da que non había constancia na zona antes do ano 2005

14/08/2024 | 17:21 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta remite aclaracións ao Concello de Lugo sobre a nova situación das pasarelas do Miño e o traslado das náiades

Estudou nun só día a documentación presentada, e lembra que a autorización para modificar o proxecto ten que solicitala á CHMS e para a translocación debe usar o  procedemento apropiado

13/08/2024 | 13:12 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta impulsará accións de restauración ambiental en oito espazos Rede Natura por importe de 2,7 M€ no marco dun proxecto europeo transnacional

Ángeles Vázquez explica que no Life Global, cofinanciado pola UE e cun orzamento total de 5,1 M€, participan o Norte de Portugal, Castela e León, Euskadi e Navarra

09/08/2024 | 15:10 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta pon en valor o traballo dos centros de recuperación de fauna silvestre de Galicia para garantir a protección da biodiversidade

Marisol Díaz incide no papel fundamental que teñen estas instalacións no coidado e recuperación de animais que non están en condicións de subsistir por si sos no medio