Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 211 novas da área temática Auga:

21/07/2024 | 12:36 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta informa a preto dun cento de concellos sobre o concurso para dixitalizar as redes de abastecemento de augas e anímaos a presentar as súas solicitudes

O procedemento, aberto ata o vindeiro día 29, está dirixido aos municipios de menos de 20.000 habitantes interesados en replicar o modelo de dixitalización das infraestruturas hidráulicas xa instaurado na maioría das depuradoras que xestiona o Augas de Galicia

14/07/2024 | 10:27 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático
13/07/2024 | 11:17 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o Concello de Curtis analizan o proxecto para mellorar o subministro de auga en Teixeiro

Tamén estudaron a situación de varias sendas fluviais e a limpeza de varios tramos nos ríos da localidade

13/07/2024 | 10:25 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta contribúe a eliminar catro puntos de vertido de augas residuais en concellos da comarca de Pontevedra e da súa contorna

Os técnicos do Programa de Control de Vertidos, dependente de Augas de Galicia, detectaron a maior parte das incidencias durante os seus labores rutineiros

12/07/2024 | 14:50 | Axencia de Turismo de Galicia

Xosé Merelles destaca que o novo Palacio da Auga de Mondariz engade valor diferenciador á proposta turística termal galega

Pon en valor o Plan Territorial de Sustentabilidade Turística en Vilas Termais e Centros históricos deseñado pola Xunta de Galicia de 23M€ e activo durante todo este ano

11/07/2024 | 13:25 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta avaliará a eficiencia de case 70 depuradoras de augas residuais para avanzar no obxectivo de que o 100% do seu consumo proveña de fontes renovables

Augas de Galicia acaba de adxudicar por 1,2 M€ o contrato para realizar auditorías sobre as necesidades actuais destas instalacións e a posibilidade de aplicar enerxías limpas que contribúan a reducir os custos económicos e a optimizar a súa xestión

10/07/2024 | 17:38 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Ángeles Vázquez e o alcalde de Coristanco avalían posibles actuacións en materia de augas no concello

O Goberno local traballa nos proxectos para ampliar a captación de auga, a ampliación do depósito municipal e a construción dunha nova estación depuradora, iniciativas das que presentará a documentación a Augas de Galicia para o seu estudo en profundidade