Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 938 novas da área temática Agricultura e gandería:

25/08/2024 | 13:36 | C. do Medio Rural

María José Gómez destaca a tradición, a calidade e o apego á terra que caracterizan os viños do Ribeiro

Sinalou que, en Galicia, o viño é inseparable da celebración e especialmente nun momento tan sinalado para os viticultores e adegueiras como é o da colleita da uva

24/08/2024 | 10:32 | C. de Economía e Industria

A Xunta concedeu máis dun cento de axudas por importe de 1 millón de euros para que o sector agrícola primario optimice o seu consumo enerxético e aposte polas renovables

Apóiase a promoción de enerxía renovable eléctrica mediante instalacións fotovoltaicas ou minieólica e actuacións de mellora da eficiencia enerxética

23/08/2024 | 19:59 | C. do Medio Rural

Medio Rural promociona a calidade dos produtos agroalimentarios galegos no ‘Festival da Luz’

A Consellería do Medio Rural programou ata unha decena de catas e demostracións gastronómicas coas experiencias de calidade, así como xogos e actividades lúdicas, especialmente orientadas aos máis cativos e ás familias

23/08/2024 | 19:53 | C. do Medio Rural

A Xunta detecta tres novos casos de gripe aviaria en aves silvestres na provincia da Coruña

Corresponden a tres exemplares de gaivotas patiamarelas (Larus michahellis) recollidas nos concellos de Camariñas, Pontedeume e Oleiros

23/08/2024 | 14:51 | C. do Medio Rural

María José Gómez compromete un impulso ás razas autóctonas como oportunidade para coidar o territorio

A titular da Consellería do Medio Rural visitou hoxe unha explotación de vacún de carne no concello lucense de Quiroga, onde sinalou o “impacto positivo” que ten sobre o terreo este tipo de gandaría, que tamén axuda como prevención ante os incendios forestais

22/08/2024 | 13:47 | C. do Medio Rural

A Xunta apoia 62 novos proxectos para a transformación e comercialización de produtos agrarios con máis de 23 M€

A Consellería do Medio Rural publica hoxe a resolución destas subvencións, que apoiarán investimentos por un importe superior aos 73 millóns de euros

21/08/2024 | 20:34 | C. do Medio Rural

María José Gómez pon de relevo a produción vitivinícola galega na inauguración das novas instalacións da cooperativa Condes de Albarei

A titular da Consellería do Medio Rural asistiu hoxe a este evento, que contribuirá a “seguir afondando na produción de viño de calidade”

21/08/2024 | 19:29 | C. do Medio Rural

A Xunta declara cinco novos focos de enfermidade hemorráxica epizoótica en explotacións bovinas das provincias de Lugo e Ourense

Trátase dunha doenza vírica que afecta ao gando bovino, pero que non se transmite ás persoas nin é contaxiosa entre os animais

21/08/2024 | 14:04 | C. do Medio Rural

Medio Rural salienta a aposta das industrias lácteas por Galicia a raíz do seu produto de extraordinaria calidade e pola transformación

A titular da Consellería destacou que a posición de liderado nacional de Galicia en produción favorece que a nosa terra sexa lugar de importantes investimentos por parte de destacadas empresas do sector