Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.363 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

10/11/2023 | 15:40 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina preto de 32.000 euros á mellora de locais das asociacións de veciños de Arnado e Salcedo, na Pobra do Brollón

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, destaca que a liña de axudas para agrupacións veciñais pretende contribuír a que estes colectivos conten con espazos axeitados para realizar actividades e dinamizar os concellos rurais
 

10/11/2023 | 14:32 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta inviste preto de 260.000 euros este ano na mellora de infraestruturas municipais en San Sadurniño

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, visitou a localidade para comprobar as actuacións feitas ao abeiro de distintas liñas de apoio

10/11/2023 | 14:01 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Política Social e Igualdade

A Xunta colaborará na gala benéfica da asociación Asem Galicia en Vigo

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, presentou este venres no Centro Vialia o evento que se celebrará o vindeiro 15 de novembro con motivo do “Día das enfermidades neuromusculares”

10/11/2023 | 13:25 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático
10/11/2023 | 12:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta defende o xornalismo independente na conferencia anual da Federación Europea de Clubs de Prensa

O director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Jesús Gamallo, participou no encontro de traballo

09/11/2023 | 18:15 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Un total de 16 persoas técnicas e nove xuízas galegas reciben as 25 primeiras axudas de alto nivel por un importe global de 45.500 euros

O importe da primeira convocatoria de axudas da historia para persoas técnicas/adestradoras e xuízas/árbitras aumentou nun 52% para beneficiar a 13 homes e 12 mulleres

09/11/2023 | 15:45 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Ribadeo acolle unha mesa de traballo da Xunta para avanzar no deseño da nova estratexia de turismo de Galicia 2024-2030

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que en colaboración co Clúster de Turismo convócanse catro xornadas na provincia con axentes públicos e privados para facer unha diagnose dos retos coa participación do sector

09/11/2023 | 15:27 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Trenor destaca o investimento da Xunta de máis 600.000 euros na comarca de Bergantiños-Costa da Morte para mellorar o seu potencial turístico

O delegado da Xunta visitou o establecemento Apartahotel Ría de Lires obxecto de varias destas axudas para o litoral que lle permitiu mellorar o seu equipamento