Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.363 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

27/11/2023 | 14:46 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Política Social e Igualdade
27/11/2023 | 14:13 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O arcebispo de Santiago pregoará o Belén de Begonte, que foi presentado hoxe na sede da Xunta en Lugo

O evento, declarado de interese turístico galego, botará a andar o día 2 e inclúe unha nova convocatoria dos certames de arte, poesía, xornalismo e debuxo infantil

27/11/2023 | 12:15 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Economía e Industria

A Xunta apoia cunha axuda de preto de 99.000 euros a adquisición dunha máquina de corte de alta precisión na empresa eumesa Tumbadoiro

A través desta convocatoria da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), o Goberno galego busca contribuír a adquisición de maquinaria no rural e promover novas actividades empresariais en aldeas modelo
 

25/11/2023 | 13:29 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Lete Lasa conmemora o Día contra a violencia de xénero acompañado dunha “gran muller” como Desi Vila na presentación da tempada 2024 do club Delikia

O secretario xeral para o Deporte lembra o puxante estado en Galicia do deporte feminino -unha de cada catro licenzas son femininas e vai en aumento- e do deporte adaptado -o 87,5% dos nosos deportistas nos Xogos Paralímpicos regresaron entre os oito mellores do Mundo-

24/11/2023 | 19:51 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O décimo quinto plan de patrocinio dos equipos de alta competición de Galicia abre a súa primeira fase con 2,6 millóns de euros e 125 equipos convidados

O Plan ten como obxectivo igualar o importe histórico acadado co Plan de Patrocinio da tempada 2022/2023 cando se superaron os 3,7 millóns de euros, representando o maior orzamento rexistrado

24/11/2023 | 16:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Política Social e Igualdade

Trenor informa que a comarca do Barbanza contará con dúas unidades de atención temperá co apoio da Xunta

Esta orde reserva para estes dous centros máis de 684.000 euros e terá carácter plurianual para darlle aos concellos máis facilidades para a súa posta en marcha

24/11/2023 | 15:24 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. do Medio Rural

Agustín Reguera felicita o gran traballo dos brigadistas no 25 aniversario da base de helicópteros do Campiño

A base organizou unha xornada de portas abertas na que convidaron ao alumnado do Colexio Sagrado Corazón de Pontevedra

24/11/2023 | 14:26 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Sanidade

A Xunta anuncia que o Centro de Saúde de Lobios contará nas vindeiras semanas cun novo médico de familia

A convocatoria de máis de 400 prazas, realizouse a través da Lei 2/2022 de medidas extraordinarias para a provisión de postos de difícil cobertura, aprobada o pasado outubro no Parlamento

24/11/2023 | 13:57 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Gabriel Alén chama á sensibilización do uso do galego na divulgación científica

O delegado territorial destacou que este tipo de actividades, impulsadas pola Xunta de Galicia, teñen como obxectivo a sensibilización sobre o valor de empregar o galego na divulgación científica, coincidindo co Mes da Ciencia en Galego