Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.363 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

30/11/2023 | 15:10 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta inviste máis de 1,2 millóns de euros na mellora das infraestruturas do sector turístico no Salnés

O delegado territorial visitou o resultado das obras levadas a cabo no Hotel Carlos I Silgar grazas á liña de axudas da Xunta para a mellora das infraestruturas dos establecementos turísticos e que permitiu mellorar o spa e reformar 35 habitacións

30/11/2023 | 13:44 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Emprego, Comercio e Emigración

Martina Aneiros destaca en Neda a nova Lei de Igualdade como “garante da equidade en tódolos espazos e esferas da vida”

A representante do Goberno galego destacou os 23,5 M€ de orzamentos que a Secretaría Xeral da Igualdade destinará o próximo ano para a loita contra esta lacra

30/11/2023 | 13:13 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Emprego, Comercio e Emigración

Trenor anuncia o inicio das obras de mellora da oficina de emprego de Monelos que suporán un investimento de máis dun millón de euros

O delegado da Xunta puxo en valor o traballo do persoal deste centro da Coruña por atender o maior número de persoas demandantes de emprego de entre todos os de Galicia

30/11/2023 | 12:10 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Axencia de Turismo de Galicia

O delegado territorial da Xunta en Ourense participa na mesa de traballo do xeodestino Allariz–Maceda–A Limia para elaborar a nova estratexia turística 2024-2030

O Goberno galego está a traballar xa no proceso de diagnose previo que permitirá coñecer de xeito analítico o estado de situación do turismo en Galicia

29/11/2023 | 17:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa visita o pavillón municipal do Porriño que nos últimos anos mellorou o seu equipamento grazas ás axudas da Xunta

Neste mesmo ano, o Concello do Porriño recibiu unha axuda de 10.000 euros para a instalación dun videomarcador ao abeiro da orde de subvencións para a construción, reforma, reparación, adecuación ou mellora de instalacións deportivas de titularidade municipal e para a adquisición de material deportivo inventariable, da que resultaron beneficiarios o 66 % dos concellos galegos

Secretario xeral e alcalde visitaron as zonas de adestramento de dous dos clubs máis importantes do municipio -Porriño Baloncesto Base e Club Balonmán Porriño- que foron renovadas en 2022 grazas a orde de equipamento deportivo da Xunta de Galicia cunha axuda de máis de 11.000 euros

29/11/2023 | 16:52 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta contrata o proxecto do novo IES de Navia e reclama ao concello de Vigo que asine o convenio para a cesión dos terreos

A delegada territorial, Ana Ortiz, informou ao alcalde por carta da adxudicación do proxecto por un importe de 328.000 euros e lémbralle que existe un orzamento de 14 millóns para o instituto

29/11/2023 | 15:37 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
29/11/2023 | 14:27 | A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Rueda agradece a entrega, eficacia e esforzo da Policía Autonómica na contribución a unha Galicia máis segura

Considera “urxente” que o Goberno central complemente na Comunidade os efectivos deste corpo de seguridade que “paulatinamente” ten ido perdendo
 

29/11/2023 | 13:48 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta concede 15 axudas para a adquisición de taxis adaptados á mobilidade reducida, de baixas emisións ou eléctricos nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal

As subvencións concedidas foron de ata 10.000 euros para taxis adaptados, 6.000 para vehículos de emisións cero e ata 4.000 para os taxis de baixas emisións