Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.363 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

05/12/2023 | 18:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta licita as obras de mellora do pavillón polideportivo Monte das Moas por case 850.000 €

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou hoxe na presentación do proxecto durante á súa visita ás instalacións

05/12/2023 | 15:06 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Os consorcios provinciais contraincendios propoñen unha mellora das condicións dos bombeiros coa equiparación salarial en toda a comunidade

Nun encontro entre representantes da Xunta, das catro deputacións provinciais e dos sindicatos trasladóuselles unha proposta que tamén inclúe un incremento do salario de arredor do 10%, unha redución da xornada a 1.642 horas anuais, aumento de efectivos nos 24 parques comarcais e 2 xornadas a maiores de asuntos propios

05/12/2023 | 14:55 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. do Mar

A Xunta apoia a campaña de difusión “O cerco, un xeito de vida”, presentada hoxe na Praza de Abastos de Lugo

A Consellería do Mar colabora coa Asociación de Armadores do Cerco de Galicia a través da liña de achegas para os plans de produción e comercialización dos produtores pesqueiros

05/12/2023 | 14:28 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Política Social e Igualdade
05/12/2023 | 14:22 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Emprego, Comercio e Emigración

Nove empresas de Ponteareas e 24 traballadoras beneficiáronse dos 130.000 euros en axudas do Plan Emega da Xunta

O delegado territorial en Pontevedra, Agustín Reguera, informou desta resolución de achegas nunha visita á Confitería La Marqusina de Ponteareas, que recibirá unha achega de 14.000€
 

05/12/2023 | 13:33 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Economía e Industria

Trenor anima aos taxistas a solicitar as novas axudas convocadas pola Xunta por importe de 500.000 euros para incentivar a adquisición de taxis adaptados e de emisións cero ou ECO

Destinaranse 290.000 € á compra de taxis adaptados, 142.000 € para vehículos de baixas emisións e 68.000 € para taxis de emisións cero

05/12/2023 | 13:33 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Emprego, Comercio e Emigración

O barrio coruñés de Elviña albergará o Centro de orientación, emprendemento e innovación da Xunta con 500 metros cadrados

O secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández, visitou o espazo que acollerá este centro de referencia para o emprendemento, acompañado do delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor
 

05/12/2023 | 13:16 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Martina Aneiros pon en valor en Cerdido a riqueza xeolóxica do Ortegal durante a presentación do proxecto educativo do Xeoparque Cabo Ortegal

A iniciativa desenvólvese actualmente en seis centros educativos da comarca coa participación duns 200 alumnos e nos próximos meses estenderase ao resto de centros da contorna

05/12/2023 | 13:08 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aborda a situación da comunidade peruana en Galicia co seu cónsul honorario

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, mantivo un encontro co cónsul honorario da República do Perú en Galicia, Marco Antonio Gonzales

05/12/2023 | 12:59 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora co concello de Piñor na adquisición dun vehículo para a recollida e transporte de residuos

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, destacou que esta axuda enmarcase no Fondo de Compensación Ambiental, que este ano contou cun investimento de 8,2M€ a actuacións de protección ambiental no eido local