Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.363 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

14/12/2023 | 13:23 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia a organización de 11 obradoiros na comarca da Coruña cun investimento de 5,6 M€ para mellorar as oportunidades laborais de 212 persoas sen emprego

O delegado da Xunta participou na apertura do obradoiro de emprego dual organizado por Irixoa compartido con Aranga, Monfero e Vilarmaior

14/12/2023 | 13:16 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta imparte unha xornada formativa sobre as novas funcionalidades na plataforma destinada ao rexistro de agrupacións de voluntarios de Protección Civil

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participou na inauguración da xornada, na que se explicou o procedemento para cargar operativos preventivos na aplicación

14/12/2023 | 12:48 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta concede máis de 200.000 € en axudas a 18 proxectos empresariais liderados por mulleres nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, informou da resolución desta convocatoria de emprendemento feminino durante unha visita a unha das beneficiarias deste plan autonómico

14/12/2023 | 12:10 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta destina 50.000 € á renovación integral dos vestiarios do pavillón de Pontecesures

O investimento fai parte da liña de axudas que está a financiar melloras en infraestruturas e compra de material deportivo en preto de 40 concellos da provincia

14/12/2023 | 12:09 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta avoga por un maior papel do Comité das Rexións no proceso lexislativo europeo

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, respondeu unha cuestión sobre o órgano consultivo no Parlamento de Galicia

14/12/2023 | 10:29 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta e Abanca prolongan a súa colaboración no patrocinio da Fundación Semana Verde de Galicia ata 2025

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e o conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, asinaron esta mañá o acordo

13/12/2023 | 17:52 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Comisión Galega de Control da Violencia instará á Comisión Estatal para que actúe ante os incidentes ocorridos no Liceo - Voltregà da OK Liga

Tamén se impuxeron tres sancións por comportamentos violentos con multas de 150 euros e a prohibición de acceder a calquera recinto deportivo en tres meses e abríronse dous novos expedientes sancionadores

13/12/2023 | 16:37 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aborda coa Comisión Europea a aplicación rexional dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible

A directora da oficina de Bruxelas da Fundación Galicia Europa, Ana Ramos, inaugurou o último encontro de 2023 do ciclo ‘FGE | NextGeneratiOn Galicia’