Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.363 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

19/12/2023 | 15:29 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Ana Ortiz felicita ao colexio Hogar no seu 75 aniversario e destaca as súas achegas a Vigo “como centro de referencia” para a formación profesional

A delegada da Xunta en Vigo participou este martes nos actos de celebración do centro xestionado por Afundación e os Salesianos

19/12/2023 | 15:19 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta dá continuidade á senda peonil de Tuiriz en ambas marxes da LU-617, cun investimento de 330.000 euros

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que se executan obras en algo máis de medio quilómetro deste núcleo de Pantón coa previsión de que estean practicamente rematadas este ano

19/12/2023 | 15:14 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta financia con 561.000 euros un novo obradoiro que comeza hoxe en Baralla, Becerreá e As Nogais

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, clausurou o anterior taller e participou na presentación do actual, que formará a 20 persoas desempregadas en labores de albanelería

19/12/2023 | 15:06 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Arranca o obradoiro de hostalaría de Vilanova grazas a un investimento da Xunta de medio millón de euros

En total participarán 20 desempregados que se dividen nas especialidades de Cociña e Servizos de bar e cafetería

19/12/2023 | 15:01 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Aneiros anima aos establecementos a adherirse ao novo Bono Deporte que sufragará con 120 euros as compras de material e asistencia a clases deportivas

Esta iniciativa da Secretaría Xeral para o Deporte axudará ás familias con fillos de entre 6 e 16 anos federados ou inscritos no programa Xogade a sufragar o 80% dos gastos de material ou equipamento e o custo de asistencia a clases de actividades deportivas

19/12/2023 | 13:35 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta fai entrega dos alimentos non perecedoiros ao banco de alimentos de Ourense

O delegado territorial da Xunta en Ourense fixo entrega dos alimentos non perecedoiros recollidos ata o momento a través do servizo provincial de Emerxencias da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda, en colaboración con 37 agrupacións de Voluntarios de Protección Civil (AVPC) da provincia ourensá

19/12/2023 | 13:21 | A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Rueda comprométese a incrementar a estreita relación entre Galicia-Norte de Portugal para atraer máis investimentos a esta Eurorrexión

Salienta os efectos “notorios e eficaces” desta colaboración e augura que poden ser “moitos máis” ante os “retos-oportunidades” de mellorar as conexións ou levar acabo accións conxuntas en sectores clave, como as enerxías renovables

19/12/2023 | 13:21 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Fundación Semana Verde pecha 2023 con récords tanto na súa facturación como nas transaccións da central agropecuaria de Galicia Abanca

O Padroado da entidade reunise hoxe para facer balance provisional deste ano e presentar os orzamentos para 2024

18/12/2023 | 18:13 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
18/12/2023 | 18:02 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Xunta e Ministerio do Interior participan nunha reunión da Comisión de seguimento dos edificios xudiciais da comunidade

O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, e a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, participaron no encontro no que se abordou o acordo co Goberno central asinado en 2018 e renovado o ano pasado