Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.363 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

20/12/2023 | 14:20 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta clausura o programa integrado de emprego de Palas de Rei e financia outro con 220.000 euros

O delegado territorial, Javier Arias, explica que cada edición conta con 100 participantes que reciben formación para mellorar as súas posibilidades de inserción laboral

20/12/2023 | 14:14 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia a nova liga Cíes-Rande que celebrará doce regatas na ría de Vigo durante 2024

A delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, e a vicepresidenta da Deputación, Marta Fernández-Tapias, presentaron este mércores o evento náutico

20/12/2023 | 13:56 | C. de Economía e Industria; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O piloto de motos Eduardo Iglesias será de novo abandeirado de Galicia Calidade no Dakar 2024

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, mantivo hoxe un encontro en Silleda co monfortino, que será o primeiro galego en encadear cinco citas consecutivas nesta proba

20/12/2023 | 13:13 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Mercado de Nadal de Ourense pon en valor os productos de Artesanía de Galicia

O delegado provincial, Gabriel Alén Castro, participou esta mañá na inauguración do Mercado de Nadal que se pode visitar no 2º andar do Liceo de Ourense ata o xoves 5 de xaneiro

20/12/2023 | 12:08 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aposta por garantir a igualdade na prestación de servizos de calidade á cidadanía e con especial incidencia nos concellos de menor poboación

O documento advirte de que é preciso adoptar medidas para facer fronte ao despoboamento dos municipios de menos de 5.000 habitantes que en Galicia supoñen un 64 % do total

20/12/2023 | 12:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia sete proxectos de investigación universitaria en materia de cooperación para o desenvolvemento no marco da Axenda 2030

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da convocatoria, dotada cun 200.000 euros

20/12/2023 | 12:02 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta prevé o pago de máis de 14,2m€ aos colexios de avogados e procuradores pola quenda de oficio ata setembro de 2024

O Diario Oficial de Galicia publica as ordes para o cuarto trimestre de 2023 e os tres primeiros de 2024 para compensar a estes profesionais polo servizo da asistencia xurídica gratuíta

19/12/2023 | 18:15 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta garante o seu apoio ao Certame de Rondallas que reunirá no Ifevi a 1.200 participantes

A delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz; o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo; a vicepresidenta da Deputación, Marta Fernández-Tapias; o alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, e concelleiros de Mos, Nigrán e Gondomar presentaron este martes o evento que se celebrará o vindeiro 14 de xaneiro