Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.363 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

13/01/2024 | 10:02 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta convoca o curso selectivo para máis dun cento de aspirantes a policías locais

Desenvólvese en réxime de internado na Academia Galega de Seguridade Pública e inclúe prácticas nos respectivos concellos
 

12/01/2024 | 15:16 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Trenor informa da convocatoria das axudas a concellos e entidades protectoras para o coidado de animais domésticos abandonados

Este programa conta cun orzamento de 450.000 euros entre ambas liñas e o prazo para presentar as solicitudes estará aberto ata o 13 de setembro

12/01/2024 | 14:20 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta abre o próximo 16 de xaneiro o prazo de solicitude para as axudas de promoción do emprego autónomo para 2024

A delegada territorial en Ferrol, Martina Aneiros, participou nun encontro coa Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE) Ferrolterra onde expuxo os apoios da Administración autonómica para impulsar o traballo por conta propia
 

12/01/2024 | 13:37 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta publica a orde de axudas para a creación e mellora de infraestruturas municipais cunha dotación de 3,5 M€

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe unha nova convocatoria desta liña, a través da que se impulsa a posta en marcha ou a reforma de instalacións e equipamentos vinculados á prestación dos servizos municipais

12/01/2024 | 10:52 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. do Medio Rural; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta ultima un plan de choque na loita contra a avespa velutina co obxectivo de adiantar a retirada de niños

Responsables das vicepresidencias Primeira e Segunda así como da Consellería do Medio Rural mantiveron unha xuntanza para concretar novas liñas de traballo

11/01/2024 | 15:27 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Trenor informa de que Bono Deporte de 120 euros xa está activo e conta con 43 establecementos e entidades adheridas na comarca do Barbanza

O Bono axudará ás familias a sufragar o 80 % das compras de material e equipamento ou a asistencia a clases de actividades deportivas e poderá utilizarse ata o 1 de xullo de 2024