Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.357 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

25/03/2024 | 12:53 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa para mañá a alerta laranxa por temporal costeiro nos litorais da Coruña e de Pontevedra

O fenómeno adverso estará activo a partir do mediodía de mañá con ventos que poden acadar forza 8 e ondas de ata 7 metros na costa da Coruña e Pontevedra e estenderase a partir da madrugada a todo o litoral galego

25/03/2024 | 12:46 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
23/03/2024 | 23:02 | Secretaría Xeral para o Deporte ; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
22/03/2024 | 16:15 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta axuda con 90.000 euros á asociación Iris Social de Marín

O delegado territorial destacou a importancia de colaborar coas asociacións galegas e agradeceu o traballo dos traballadores e traballadoras de Iris Social

22/03/2024 | 15:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta defende as reivindicacións do sector agrícola galego ante o comisario europeo e a necesidade de adaptar a PAC ás particularidades do noso territorio

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou hoxe en Bruxelas nunha reunión do Comité Europeo das Rexións na que se debateu co comisario de Agricultura da Unión Europea, Janusz Wojciechowski, sobre a Política Agrícola Común

22/03/2024 | 11:50 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta impulsa a mellora na accesibilidade á biblioteca de Poio cunha achega de 40.000€

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou as instalacións para coñecer o resultado das accións executadas no marco da Orde de infraestruturas de uso público

21/03/2024 | 19:01 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta avoga pola transformación dixital a prol dunha xustiza máis próxima e accesible

O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, participou nas ‘Xornadas sobre as reformas procesuais do Real decreto lei 6/2023: xuízos telemáticos, expediente xudicial electrónico e outras novidades de interese’ organizadas polo Ilustre Colexio de Avogados de Santiago

21/03/2024 | 15:49 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Lete destaca a puxanza galega do hóckey patíns con novos éxitos como os das rapazas do Raxoi que veñen de proclamarse subcampioas da Copa Princesa

Enxalza ao equipo feminino que ademais está a facer unha excelente tempada na segunda máxima categoría do hóckey patíns feminino ocupando a segunda posición que suporía o seu ascenso á OK Liga Feminina

21/03/2024 | 14:37 | C. de Política Social e Igualdade; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta implanta dous novos órganos de valoración en Lugo para axilizar o acceso ás prestacións sociais

Súmanse aos sete que hai na rúa Serra de Ancares para emitir as propostas de grao e nivel de dependencia e do plan individual de atención

21/03/2024 | 14:12 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta celebra o Día da Árbore co alumnado do CEIP o Foxo da Estrada coa plantación de 50 árbores autóctonas

O delegado territorial destacou a importancia de colaborar para seguir levando a cabo accións de concienciación que garantan o futuro do noso medio natural