Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.356 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

12/04/2024 | 16:35 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta axuda con 50.000 euros a varias protectoras de animais do Salnés

O delegado territorial visitou o refuxio da Asociación Protectora de Animais de Cambados, que recibiu unha achega de máis de 23.000 euros

12/04/2024 | 13:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Diego Calvo destaca que as feiras ExpoMunicipal e Enerxética converten estes días a Galicia en referente en servizos no ámbito local e no sector da enerxía

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes en funcións visitou esta mañá os expositores de ambos eventos, que suman 520 firmas de 24 países e un ampla programación paralela de actividades e demostracións 

12/04/2024 | 10:07 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aposta por espazos como as salas Gesell para garantir a privacidade de menores e persoas vulnerables nas probas relacionadas con casos como os de dereito de familia

O director xeral de Xustiza participou na inauguración das ‘VIII Xornadas de dereito de familia’, organizadas polo Ilustre Colexio Provincial de Avogados da Coruña e o Consello da Avogacía Galega

11/04/2024 | 18:21 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Lete Lasa asegura que a Liga Galega de Hip Hop levará o baile deportivo a toda a poboación

Serán catro probas que comezarán este domingo en Narón, para continuar o 12 de maio en Mugardos, o 2 de xuño en Lugo e o 29 de xuño en Marín

11/04/2024 | 16:39 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta impulsa o encontro arredor do sector da enerxía e do eido local co apoio ás feiras Enerxétika e ExpoMunicipal que comezan hoxe en Silleda

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e o director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, participaron na inauguración dos eventos

11/04/2024 | 12:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina 472.000 euros a 14 novos proxectos turísticos para o litoral de oito concellos da Mariña

Vén de resolver a segunda convocatoria de axudas do 2023 para embelecemento dos recursos e introdución de medidas sustentables, dixitais, accesibles ou inclusivas

11/04/2024 | 12:02 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Comisión de Heráldica aproba novos símbolos para os concellos do Carballiño e Cortegada

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, presidiu a reunión na que se lles deu o visto bo aos escudos e ás bandeiras de cada unha destas localidades

11/04/2024 | 10:32 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Policía Autonómica esclarece un incendio forestal no concello ourensán de Castrelo de Miño

O lume afectou 0,33 hectáreas e produciuse polo escape dunha queima realizada sen as medidas de seguridade precisas

10/04/2024 | 16:37 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca a necesidade da coordinación en materia de emerxencias e a aposta pola innovación

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participou na clausura das ‘Xornadas sobre Emerxencias Hidrometeorolóxicas e os Riscos derivados do Cambio Climático dentro do Proxecto europeo Covalex’

10/04/2024 | 15:59 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Galicia amosa o seu compromiso cunha política da UE máis transparente e próxima á cidadanía

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo asistiu na comisión Civex do Comité Europeo das Rexións a un debate relativo á promoción da participación dos entes locais e rexionais no proceso lexislativo da UE