Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.356 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

03/05/2024 | 16:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A comisión mixta de xustiza entre Xunta e Tribunal Superior de Xustiza de Galicia insiste na necesidade de dotar Compostela dun xulgado de violencia sobre a muller

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, José María Gómez y Díaz-Castroverde, presidiron esta mañá a reunión para pedirlle ao Goberno central máis unidades xudiciais e maxistrados para Galicia

03/05/2024 | 11:59 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca a colaboración co Colexio de Psicólogos no eido das Emerxencias que se materializou o pasado ano en 36 intervencións

O director xeral de Emerxencias e Interior participou na inauguración do I Congreso Nacional de Psicoloxía de Emerxencias, organizado polo Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia

03/05/2024 | 10:10 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta optimiza desde este luns os horarios de dous servizos de autobús entre Ourense e Lugo para axustalos ás xornadas laborais dos usuarios recorrentes

Os axustes atenden a petición das persoas que se desprazan a diario por traballo, de xeito que os horarios se adaptan ás súas xornadas durante todo o ano

02/05/2024 | 11:21 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta pon en servizo o novo aparcadoiro disuasorio de Domaio en Moaña, que conta cun total de 75 prazas de estacionamento

O orzamento desta actuación, coa que o Goberno autonómico segue a apostar por unha mobilidade máis sostible, elevouse á case 884.000 €

30/04/2024 | 18:42 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia unha nova edición da carreira de obstáculos Pretorian Race de Sarria, que reúne a uns 600 participantes este sábado

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou hoxe na presentación da proba, que conta cun percorrido de 8 quilómetros e 40 obstáculos

30/04/2024 | 15:11 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca a importancia da formación entre o persoal das forzas e corpos de seguridade e dos servizos de emerxencias fronte aos riscos psicosociais do seu labor

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participou na clausura da III Xornada de Saúde Mental Policial SAUDEPOL, organizada polo Sindicato Unificado de Policía (SUP) e a Asociación Unificada da Garda Civil (AUGC) co apoio do Parlamento de Galicia

30/04/2024 | 13:59 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Diego Calvo pon en valor o auxe da vela galega con novas promesas ás que augura éxitos olímpicos

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes participou hoxe na presentación do Campionato Mundial Xuvenil de Vela, que reunirá o próximo xullo en Vilagarcía de Arousa centos de profesionais e afeccionados desta disciplina

29/04/2024 | 17:01 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aborda coa AECT Rio Minho para abordar os proxectos en marcha en materia de cooperación transfronteiriza

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, reuniuse cos responsables desta entidade de cooperación, no marco da rolda de contactos coas distintas AECTs da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal